O piragüismo dálle outra medalla olímpica a Galicia
O viveirense Cristian Toro acada o ouro xunto ao catalán Saúl Craviotto ao impoñerse na final do K-2 200. É o décimo metal galego neste deporte nuns Xogos Olímpicos tras os cinco de Cal, os dous de Ramos Misioné e os logrados por Míguez e Pérez Rial.