Este mércores inaugurouse en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón, que a cidade acollerá ata o domingo 27. Galiza por Palestina, Pontevedra con Palestina e Rede Galega pola Palestina chaman á cidadanía a participar en mobilizacións nas rúas, principalmente o sábado 26 e o domingo 27 a partir das 18 horas, nas principais competicións, levando kufiyas e bandeiras palestinas