José Manuel Lado

Unha ducia de Accións solidarias e movementos sociais

Os tempos de crise sono tamén de accións solidarias e de rebelión ante a inxustiza. As rúas e prazas do país -e de fóra del- foron mostra disto durante 2013.

  1. 02

    A veciñanza de Carnota

    Ardeulles a xoia do monte Pindo tras moito tempo esixindo que fose protexido cunha declaración de parque natural. Lonxe de ficar quieta, a veciñanza carnotá botouse de novo ao monte para tentar recuperalo aínda que a Xunta tente impedirllo

  2. 03

    A PAH e Stop Desafiuzamentos

    En loita continua contra os desaloxos e tamén contra a presión policial e dos bancos. No ano en que o termo escrache foi importado da outra beira do Atlántico estes movementos lograron que moitas persoas puidesen seguir na súa casa e, moitas outras, puxesen a ollada neste problema social.

  3. 06

    Ollomao e a Universidade Rural de Barreiros

    Xornalismo, produción artística e publicidade, ciencias xurídicas, enxeñaría do medio rural... estas e outras materias suscitaron xa o interese dun cento de alumnos e alumnos na Universidade Rural de Barreiros. O Colectivo Cultural Ollomao, que organiza as clases, salienta o "éxito" desta iniciativa.

  4. 08

    Ve-la luz

    Asociación de mulleres coruñesas exemplo de coraxe e loita contra a violencia machista. A súa reivindicación levounas este ano ata unha folga de fame que  lles sacou as cores a numerosos dirixentes políticos.

  5. 09

    A Oficina de Dereitos Sociais e a parroquia Cristo da Vitoria

    Exemplo de traballo solidario de base e tamén de conciencia social dende unha orientación cristiá. O seu traballo ao longo de 2013 pódese resumir coa máxima "dereitos e non caridade".

  6. 10

    Galicia, mellor sen touradas

    Campañas contra as feiras taurinas, información e concienciación sobre os dereitos dos animais ou alento á fronte antitaurina do Parlamento son só algúns dos labores que realiza GMST, un movemento que se manifesta seguro de que as touradas desaparecerán de Galicia.

  7. 12

    Cuac FM

    A emisora comunitaria da Coruña fíxose 'maior de idade' neste 2013. Tras dezaoito anos de traballo cidadán procuraron, polo momento sen éxito, acceder a unha das licenzas radiofónicas que a Xunta distribuíu na cidade. Pero non se renden.