Unha ducia de videoxogos en galego
A exposición itinerante O videoxogo en galego vai percorrer os institutos da provincia de Pontevedra nos vindeiros meses. O proxecto impulsado pola Universidade de Vigo co patrocinio da Deputación busca dar visibilidade aos videoxogos desenvolvidos ou traducidos ao galego e reivindidar a lexitimidade do galego como lingua plenamente válida e competitiva na industria cultural máis expansiva do noso tempo. Velaquí unha ducia de xogos en galego dos case que trinta escolmados polo proxecto.
- 
                             01 01A mostraA mostra, que xa se pode ver no IES Politécnico e percorrerá nos vindeiros meses diferentes institutos de educación secundaria da provincia de Pontevedra, aspira a ”converterse nunha ferramenta útil para a promoción da lingua galega, a educación crítica en medios dixitais e o fomento da creatividade cultural e tecnolóxica local”. O proxecto combina pezas expositivas físicas e dixitais, materiais informativos e un catálogo divulgativo interactivo, que se pode descargar nesta ligazón. Ademais, inclúe obradoiros, charlas e unha narrativa interactiva creada con Twine, deseñada para traballar aspectos culturais e lingüísticos de forma lúdica e creativa. 
- 
                            02MinecraftPoucos xogos acadaron na última década a significación de Minecraft, lanzado en 2009 e que dende hai un tempo se pode xogar en galego. Este xogo de aventuras e construción conta cunha grean comunidade e un dos que máis liberdade dá aos usuarios, xa que a idea é ser creativos e inventar mil e unha cousas. 
- 
                             03 03WordleWordle é un xogo de palabras en liña creado en 2021 por Josh Wardle. O 
 obxectivo é adiviñar unha palabra de cinco letras en ata seis intentos. Dende xaneiro de 2022, pódese xogar en galegoO xogo destaca pola súa sinxeleza e polo desafío diario compartido: todos os xogadores tentan a mesma palabra no día. Isto propiciou que o xogo se viralizase e que se crease unha comunidade global que comparte os seus resultados nas redes sociais. Chega ao galego Wordle, un xogo para adiviñar palabras en aberto na rede 
- 
                            04Koa and the Five Pirates of MaraKoa and the Five Pirates of Mara é un xogo de plataformas en 3D no que Koa e a súa amiga Napopo emprenden unha aventura por un arquipélago cheo de paisaxes variadas e perigos ocultos. Con gráficos moi coloridos, música pegadiza e un deseño que combina exploración con velocidade, este título ofrece diversión para todos os públicos. 
- 
                             05 05TownscaperTownscaper é un xogo de creación sen obxectivo definido que aposta pola liberdade creativa dos xogadores. A diferenza doutros city builders centrados na xestión e administración de cidades, aquí o único propósito é construír ao noso gusto espazos encantadores que flotan sobre a auga. 
- 
                             06 06AvaniAvani é un videoxogo de acción e aventura con vista isométrica no que encarnas a unha nova gardiá destinada a purificar un mundo que foi corrompido por unha enerxía escura. Este xogo gratuíto combina mecánicas accesibles de combate en tempo real con exploración e resolución de pequenos retos. 
- 
                             07 07Tintín Reporter: os xarutos do FaraónEn 2023 publicouse o videoxogo Tintin Reporter: Os Xarutos do Faraón, realizado por Pendulo Studios, que un ano máis tarde contaba coa súa versión galega grazas á tradución levada a cabo por Paula Regueiro e Lois Agrelo coa revisión de Ana Doval. Na historia, cun coidado tratamento visual, Tintín e Milú van na procura da tumba do faraón Kih-Oskh, nunha viaxe que os leva por Exipto, India e Arabia; polo camiño acabarán tendo que investigar un caso de tráfico de drogas. 
- 
                             08 08XanChuchamelXanChuchamel é un xogo de plataformas e quebracabezas no que encarnas a Xan, unha criatura redondiña equipada cun canón de chuchamel. A túa misión será recuperar os doces roubados e restaurar o equilibrio do mundo. Con 50 niveis, trátase dunha aventura ideal tanto para público novo como para persoas amantes dos clásicos dos 90. 
- 
                             09 09The WaylandersThe Waylanders, do estudio coruñés Gato Studio, é o videoxogo galego máis ambicioso. Lanzado en febreiro de 2022, 80 profesionais traballaron durante cinco anos nunha superprodución ambientada na Galicia castrexa e medieval. En The Waylanders controlarás un grupo de heroes con habilidades únicas e tomarás decisións que marcarán o rumbo da historia. O combate é dinámico pero pensado para mentes estratéxicas. 
- 
                             10 10The Count LucanorThe Count Lucanor mestura elementos de xogo de rol de corte tradicional con quebracabezas e unha atmosfera inquietante onde cada decisión pode levar a múltiples finais. Na historia, lanzada en 2016, trátase de guiar un rapaz chamado Hans que decide percorrer un castelo escuro e enigmático para conseguir un tesouro lendario. A súa beleza pixelada esconde unha profundidade 
 sorprendente.
- 
                             11 11Basureroes: InvasionBasureroes: Invasion é un beat ‘em up en 2D onde o lixo cobra vida… literalmente. Unha invasión extraterrestre transforma o lixo en criaturas monstruosas que ameazan con afogar o planeta en residuos. Cada personaxe ten habilidades únicas e unha historia propia, o cal aporta variedade e permite que cada xogador opte polo que máis se adapte ao seu estilo de xogo. 
- 
                             12 12Ruin RaidersRuin Raiders é un roguelike táctico por quendas no que manexas pelotóns de exploradores que se adentran nas ruínas dunha civilización antiga. Cada partida ten a súa propia evolución e preséntase como un novo desafío totalmente diferente ao anterior, xa que todos os niveis están xerados de forma procedimental, cun combate táctico que porá a proba a túa capacidade estratéxica. 
- 
                             13 13Wee Tanks!En Wee Tanks!, ao longo dos máis de 100 niveis que compoñen a campaña, loitarás contra máis de 30 clases de inimigos moi perigosos xunto a tanques aliados, os cales poderán estar dirixidos por ti mesmo ou ben controlados pola máquina. Conta con tres modos de xogo, un editor de mapas e un modo multixogador no que poden combater entre si ata 16 xogadores.