A MNG pide recuperar a renda básica de emancipación

Promoción de vivendas protexidas no Porriño © IGVS

A Mocidade Nacionalista Galega demanda a recuperación da renda básica de emancipación e as axudas directas para os mozos e mozas que buscan alugar unha vivenda. A secretaria Xeral da MNG, Balbina Gándara, critica a política da Xunta en materia de vivenda, “mantendo e mesmo incrementando” as axudas para propietarios dentro do programa ALUGA, publicadas a principios destes mes, “mentres xa non existen axudas directas ou indirectas para a emancipación de mozos e mozas”.

O referente xuvenil de Compromiso por Galicia cre que as axudas, como é o caso, para rehabilitacións e reformas, son “necesarias”, pero lembra o “amplo fraude e o pouco control por parte da Administración para este tipo de subvencións, indo os cartos parar a obras que nada teñen que ver co obxecto das mesmas”. Gándara insiste en que agora o prioritario “é que a xente que non ten acceso a vivenda si que o teña, entre eles unha mocidade que precisa deste marco para poder ser produtiva”.

Segundo a MNG atopámonos "nunha situación na que a mocidade se ve fortemente castigada, non só por estar no momento vital de emancipación para ser demandantes de vivenda e a dificultade de acceso a este dereito fundamental, senón tamén porque as condicións socio-laborais son un obstáculo para exercelo e porque as administracións públicas non se sitúan como garante dese dereito”. Dende a MNG insístese en que con salarios baixos, precariedade, inestabilidade e temporalidade, fan que a diferenza entre salarios e prezos de vivenda, “sexan imposibles de alcanzar”.

Dende a MNG insístese na necesidade de facilitar o réxime en alugueiro a través dun parque de vivendas a prezos asequibles en función da renda destinado a menores de 30 anos, así como unha partida económica para recuperar a renda básica de emancipación

Segundo Gándara, a imposibilidade de emancipación deriva directamente da dificultade ao acceso ao mercado laboral e viceversa, o que á súa vez ten como consecuencia “a baixa taxa de natalidade de Galicia”. Dende a MNG insístese na necesidade de facilitar o réxime en alugueiro a través dun parque de vivendas a prezos asequibles en función da renda destinado a menores de 30 anos, así como unha partida económica para recuperar a renda básica de emancipación. Isto, propón a MNG, “pódese financiar cun imposto autonómico aos pisos baleiros, a maioría en propiedade dos bancos”.

Promoción de vivendas protexidas no Porriño © IGVS

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.