A Plataforma polo Aforro Público continúa o seu labor de reivindicación da creación dunha banca pública en Galicia e de esixencia de responsabilidades ás persoas e entidades que considera que provocaron o proceso de bancarización das caixas de aforros galegas. Desta vez foi en Ourense, onde a Asamblea Aberta da cidade entregou un escrito na Fiscalía Anticorrupción, apoiado por máis de 2.800 sinaturas, no que pide que se investigue a xestión de Caixa Galicia e Caixanova e o propio proceso que levou as dúas entidades a converterse nun banco.
O escrito salienta que "as caixas de aforro en Galicia eran entidades, que con todas as súas eivas, trataban de ofrecer servizos financieiros dende unha perspectiva ética, sen ánimo de lucro, e que xeraban un patrimonio en beneficio da sociedade no seu conxunto" e denuncia que neste momento ese patrimonio foi "enaxenado". O texto sinala, así mesmo, que "a xestión das caixas ten sido mais que ineficiente, con operación oscuras nunca aclaradas" e en concreto advirte que "os dereitos dos traballadores e depositantes poden ter sido conculcados en todo o proceso de xestión e bancarización das caixas, xa que a súa voz foi sistemáticamente ignorada".
O escrito pídelle ao Fiscal Anticorrupción que valore a imputación dos administradores das caixas polo delicto de “administración desleal” e lembra que está en curso unha investigación semellante que afecta aos directivos da CAM valenciana
Por todo iso, o escrito pídelle ao Fiscal Anticorrupción que valore a imputación dos administradores das caixas polo delicto de “administración desleal” e lembra que está en curso unha investigación semellante que afecta aos directivos da CAM valenciana. A plataforma, da que a Asamblea de Ourense fai parte, está recollendo sinaturas en toda Galicia, e en tres cidades, Vigo, Ferrol e agora Ourense, xa lle foron entregadas ao fiscal.
A plataforma, da que a Asamblea de Ourense fai parte, está recollendo sinaturas en toda Galicia, e en tres cidades, Vigo, Ferrol e agora Ourense, xa lle foron entregadas ao fiscal
No acto de entrega das sinaturas participou Miguel Quinteiro, ex traballador de Caixanova e membro de Attac, que denunciou o proceso de bancarización das caixas e a acción dos consellos de administración das entidades, que facilitaron a "conversión nun banco especulativo". En concreto, nun escrito remitido á Fiscalía Anticorrupción chama a atención sobre o papel desempeñado pola Xunta de Galicia, "que participou moi activamente en todo o proceso, habendo claros indicios da súa complicidade coa estratexia deseñada para facer desaparecer as caixas en beneficio da banca privada".