Buscando emprendedores na economía social

Captura de pantalla da web © Startup Pirates

Programas de formación para emprendedores hai moitos. A particularidade do que Startup Pirates levará a cabo en Vigo do 25 de maio ao 1 de xuño é que se centra en exclusiva no emprendemento social, na área da economía social. Startup Pirates é un programa internacional sen ánimo de lucro dirixido á aceleración de emprendedores. A sede central atópase no Porto pero tamén realizou actividade en Maastricht, Milán, Cracovia, Dublín, Lima, Río de Xaneiro, Bratislava ou Lahore (Pakistán). A de Vigo será polo tanto a súa primeira experiencia en Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 de maio e só hai 30 prazas dispoñibles.

Juan Antonio Pedreño, presidente da Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), defende que “as empresas de economía social son o maior exponente de creación de emprego”. Durante o 2010, 2011 e parte do 2012, a economía social española creou 6.037 novas empresas, xerando preto de 48.000 postos de traballo, sindo un 42,9% destes empregos para persoas entre 25 e 39 anos. Según Pedreño, “estas cifras son posibles porque o emprendemento colectivo a desenvolver dende a Economía Social presenta unhas diferencias respecto a outros tipos de emprendemento. Son emprendedores que apostan por un modelo de empresa baseada en valores, onde a persoa prima por encima do capital, onde o reparto de beneficios se fíxa con criterios colectivos, onde a democracia, a solidaridade e a cohesión social son factores claves na gestión da nova empresa".

Os promotores deste progema sinalan que esta é unha "oportunidade para poñer a Galicia no punto de mira como comunidade xeradora de proxectos de innovación social, e potenciar a súa visibilidade como rexión activa, pese ó escenario crítico que estamos a vivir, na que habita xente válida, solidaria e con talento".

 

Captura de pantalla da web © Startup Pirates

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.