Campa admite "erros e excesos" na banca, pero defende a reestruturación

José Manuel Campa Dominio Público Praza Pública

"Cometéronse erros e excesos". O ex secretario de Estado de Economía José Manuel Campa admitiu que moitas cousas se fixeron mal no sector financeiro, tanto antes como despois da chegada da crise. Ademais, pediu "limitalos" e esixiu "responsabilidades concretas" nos protagonizados até o de agora, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía do Congreso dos Deputados para explicar a súa visitón sobre a situación dos bancos.

Campa admite "erros e excesos", pero defende a reestruturación financeira, que "é e era a correcta"

Aínda así, matizou, e aclarou logo que "non hai que confundir os erros cometidos cunha equivocación na dirección da reestruturación financeira, que é e era a correcta", defendeu, para poñerse de lado da vía levado a cabo polos gobernos, tanto o actual como o anterior. Non só iso, senón que defendeu a transparencia do Estado co sector. "Se hai algún país que en tempo real fixo un esforzo en favorecer a transparencia, foi España", asegurou.

O ex secretario de Estado de Economía negouse a analizar casos concretos como os de Bankia

Campa asegurara antes de comezar a súa intervención que tiña "moitas ganas de informar", pero rexeitou ao principio centrarse en casos como o de Bankia, malia que a súa grave situación e o seu análise era unha das interpretacións agardadas. Para o ex secretario de Estado de Economía, non se debe valorar "o éxito ou o fracaso" da reestruturación financeira segundo o funcionamento dalgunhas institucións "específicas" como Bankia, senón sobre a súa capacidade de fortalecer as entidades en xeral.

No entanto, si o fixo ante as preguntas dalgúns congresistas, para defender a saída a Bolsa de Bankia, ao considerar que era un "proxecto atractivo" que contribuíu a rebaixar a prima de risco española mentres a dos países "vulnerables" subía. "Non hai que minusvalorar o impacto da saída a Bolsa de Bankia", sentenciou Campa na súa quenda de réplica, onde asegurou que a entidade agora nacionalizada xa tiña "necesidades" de capital "importantes" tras o decreto de febreiro de 2011.

Segundo Campa, o problema financeiro até a pasada primaver foi debido a "actuacións específicas", pero non a un problema "sistémico". Ademais, defendeu a "supervisión" do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e animou a continuar saneando o sector financeiro, aínda que isto requira "maiores achegas" públicas. "Non se debe perder a perspectiva; o obxectivo é a estabilidade do sector", chegou a dicir. 

O problema das preferentes

En canto ás participacións preferentes, o ex secretario de Estado circunscribiu as súas emisións á necesidade das caixas de seguir crecendo e ante a súa incapacidade de ampliar capital. "Desde 2008 déixanse de emitir preferentes en rede minorista, só as emite o FROB", defendeu, para despois lembrar que o Goberno excluíu as preferentes como capital de calidade e calculou que o saldo vivo pasou de 25.000 millóns en 2008 a menos de 8.000 millóns. "Desde xullo de 2009 non se emitiron case preferentes en mercado minorista, só se maroitzaron", subliñou.

HABERÁ AMPLIACIÓN

José Manuel Campa Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.