CxG presenta un "Plano da Mocidade Emprendedora" para crear 5.000 empregos cualificados

As oficinas de emprego están cheas de mozos e mozas na procura de traballo Dominio Público Praza Pública

Compromiso por Galicia vén de presentar un Plano Estratéxico da Mocidade Emprendedora, un programa de medidas e investimentos cifrados en 70 millóns de euros durante o periodo 2013-2015, e que prevé a creación de 5.000 postos de traballo de alta cualificación. O obxectivo é loitar contra o elevado desemprego entre os mozos e mozas de Galicia e impedir que teñan que marchar do pais na procurar de oportunidades.

O plan prevé achegar 6.000 euros para a creación da empresa para todas aquelas persoas menores de 35 anos, priorizándose as actividades intensivas en coñecementos como as empresas de bases tecnolóxicas e as industrias creativas

O plan, presentado polo economista Manuel González, ten unha parte de asesoramento consistente na orientación empresarial á mocidade emprendedora acompañada “da eliminación de todas as trabas burocráticas para a posta en marcha dun proxecto empresarial”. E outra parte de axuda economica a estes proxectos, tanto con achegas directas coma con ventaxas fiscais. En concreto o plan prevé achegar 6.000 euros para a creación da empresa para todas aquelas persoas menores de 35 anos, e 2.000 euros máis por emprego por conta allea creado no primeiro ano, priorizándose as actividades intensivas en coñecementos como as empresas de bases tecnolóxicas e as industrias creativas. Ademas, haberia “vantaxes fiscais durante o primeiro ano de vida das empresas”.

Para González, trátase de "cifras absolutamente asumibles nas actuais circunstancias financeiras”. Pola súa banda, o secretario xeral da Mocidade Nacionalista Galega, Paulo Carlos López, salientou que “cómpre apostar por unha sociedade creativa, emprendedora e traballadora, posibilitándolle á mocidade a súa inserción no tecido produtivo galego como actores principais e non nunha posición subsidiaria".

As oficinas de emprego están cheas de mozos e mozas na procura de traballo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.