Facenda busca burlar por lei o dereito a indemnización de 3.600 traballadores temporais da Xunta

Complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta CC-BY-NC-SA CIG

Logo de que as últimas sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE obrigasen ás administracións públicas a equiparar as indemnizacións do persoal laboral temporal ao do persoal laboral fixo, a Consellería de Facenda prepara, a través da modificación da Lei de Emprego Público, unha medida para converter todo o persoal laboral temporal en funcionariado interino e evitar así o pagamento da devandita indemnización

Facenda pretende burlar por lei o dereito a indemnización de 3.600 traballadores temporais da Xunta

Iso é o que vén de denunciar o sindicato CSIF, que aclara que esta equiparación indemnizatoria non está recoñecida, polo momento, para os interinos, cun réxime xurídico diferente, o de dereito-administrativo. Segundo asegura esta central, para evitar este novo réxime de indemnizacións que vén de impoñer Europa, Facenda "pretende substituír o vínculo xurídico-laboral destes traballadores por un vínculo xurídico-adeministrativo, de modo que, en caso de despedimento, non terían dereito a tipo ningún de indemnización". 

O CSIF denuncia que a modificación da Lei de Emprego Público converterá o persoal temporal en interino para evitar o pago das indemnizacións recoñecidas pola UE

Na Función Pública galega, a taxa de temporalidade do persoal laboral temporal suón o 36% do total do cadro de persoal de todo o laboral. Xa que logo, en caso de despedimento, eses 3.600 traballadores temporais suxeitos ao réxime do dereito laboral "terían dereito a ser indemnizados con 20 días por ano traballado", segundo o CSIF. 

O cambio de vínculo xurídico imporase como obrigado, segundo o sindicato, que aclara que no proxecto de lei -xa en fase parlamentaria- establécese o "despido fulminante" do traballador que se negue a cambiar o tipo de contrato de laboral temporal a funcionario interino. "Deste xeito, todo o persoal laboral temporal que depende da Función Pública galega perderá od erieto que lle permitía ser indemnizado en caso de perder o seu emprego", di o CISF. 

Ademais, o sindicato asegura que o proxecto de lei de medias que modifica a Lei de Emprego Público prevé crear novas escalas de funcionarios ás que se incorporarán postos ocupados até a data por persoal laboral temporal. Estas novas escalas exisirán nalgúns casos "novos requirimentos de titulación que non lles foi esixida no seu día ao persoal laboral temporal que está a traballar neses postos". En definitiva, de aprobarse a lei, o persoal laboral temporal nesa situación será despedido, segundo denuncia o CSIF. 

Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, xunto a Feijóo © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.