Preto de 21.000 galegos, en concreto 20.758, pasaron a engrosar a xa de por si abultada lista de desempregados na comunidade ao longo de 2011, segundo os datos facilitados ao termo do exercicio polo Ministerio de Economía. Agora coñecemos ademais que este incremento, que elevou o número de persoas sen traballo a máis de 258.000 en decembro do ano pasado, tivo lugar a pesar dun investimento superior aos 326 millóns de euros de Traballo en políticas activas de emprego.
O Estado central achegou os 326 millóns de euros investidos na comunidade
Segundo os datos facilitados por Analistas Financieros Internacionales (Afi) e a Asociación de Grandes Empresas de Trabajo Temporal (AGETT) a comunidade galega dedicou o ano pasado un total de 1.428,3 euros por parado para levar a cabo políticas de busca de emprego, fundamentalmente a través do Servizo Público de Emprego, unha cifra que supera sobradamente a media estatal dedicada a este concepto, 1.109 euros por desempregado ao ano.
Galicia dedica 1.428 euros por parado a políticas activas de emprego, 420 euros máis que a media estatal
Malia este importante montante de cartos públicos destinados a asesorar e formar os desempregados co obxecto de recolocalos no mercado laboral, Galicia sumou 20.000 parados nun ano, e no que vai de 2012 incrementou xa a esa listaxe outras tantas persoas, ata sumar os 277.644 parados que os servizos de empregorexistraronao remate do pasado mes de abril. É dicir, no que vai de ano 2012, o paro medrou xa tanto en números totais como en todo o exercicio anterior.
No que vai de ano, o paro medrou xa tantoo en números totais como en todo o exercicio anterior
No caso galego, a partida dedicada ao fomento do emprego supón menos dun 5% da partida orzamentaria de gasto social, dotada de 6.934 millóns de euros o ano pasado. Estes 326 millónsforon aportados polo Estado central, que, en virtude do sistema de reparto concedeu a Galicia esta cantidade, o 6% dos 5.586 millóns de euros que o ano pasado repartiu entre todas as comunidades autónomas para paliar o aumento do desemprego.
Aínda que o analista de Afi José Antonio Herce explica que as rexións con maiores taxas de desemprego son, paradoxalmente, aquelas nas que máis diñeiro se inviste para paliar este problema, no caso de Galicia, con un taxa de paro próxima ao 18% -por debaixo da media estatal malia que aumentou o paro mesmo no pasado mes de abril, contradicindo a tendencia do resto do Estado- o esforzo realizado en políticas activas de emprego é semellante á media española en termos porcentuais (4,7%), aínda que economicamente, a contía é moito maior.