3 meses, 3 semanas e 3 días
Unha granxa galega de cría de ranchos, nominada ao premio Porc d'Or, que recoñecen a excelencia da produción porcina en España
“A emigración non é un sentimento, é un destino”
Tamara Guirao, galega de intachable currículo emigrada en Francia, é unha das moitas caras do drama da mocidade galega, que marcha do país na busca das oportundidades que se lle negan na terra. “En España non me daban traballo por estar sobre cualificada”, aclara. No primeiro semestre do ano, abandonaron Galicia máis de 9.000 persoas, case tantas como en todo 2010.
Mercar unha vivenda encarecerá uns 25.000 euros pola aplicación dos recortes
Só en IVE, un inmoble de 150.000 euros terá un sobre custo de 6.000 euros. Os expertos apuntan que, no curto prazo, apenas variará o prezo da vivenda en España e prevén un aumento de vendas antes de 2013, aproveitando as vantaxes fiscais
“Debería preocuparnos que ao escoitar a palabra 'político' gran parte do pobo pense nun corrupto"
Aquellos maravillosos años non é a compilación da serie de televisión dos noventa e nin sequera soarán os Beatles cando abran as súas páxinas. A banda sonora deste libro, co-escrito por Rafael Aníbal, ten notas de trombón ourensán, de cantos andaluces e sobre todo: soa a diñeiro. Todo o que se roubou, se desfalcou, se malversou e, finalmente, desapareceu en España mentres pensabamos que eramos ricos.
“Teño a carreira perfecta para xogar ao Trivial, pero non para traballar”
Dous mozos con titulacións superiores comparten con Praza Pública a súa experiencia como demandantes dun primeiro emprego
Galicia sumou 20.000 parados en 2011 malia investir máis de 326 millóns en políticas activas de emprego
A autonomía dedicou 1.428 euros por parado ás políticas destinadas á recolocación no mercado laboral dos desempregados, 420 euros máis por persoa que a media estatal
“Daría a vida pola miña empresa, pero pensaríao dúas veces antes de arriscarme de novo”
En 2009, cando a palabra crise comezaba a ser demasiado habitual en todas as conversas, aínda alleas á magnitude que chegaría a cobrar o termo, máis vixente se cabe tres anos despois, David Romeo, que entón apenas sumaba 27 anos, embarcou nunha aventura única. Aínda non chegou a porto, nin sequera ve, como el di, a luz ao final do túnel, pero, polo de agora, pagou a pena tentalo.
OCU e Facua alertan dunha forte rebaixa do gasto tralas subidas dos servizos
Luz, gas ou trasporte son tan só a punta iceberg das últimas subidas de prezos en bens e servizos en España. Son tamén as máis salientábeis dos últimos meses, xa que supoñen un “ataque” ás economías domésticas en plena crise.
Os custos dos despidos merman a competitividade galega
O aumento sen precedentes do número de despedimentos -ben pola vía do ERE ben de xeito individual- que experimentou Galicia no ano 2011 (cun repunte superior ao 40%), amosa xa as primeiras consecuencias sobre a competitividade laboral.
O indomable Dominique
De sedutor, flamante presidente do Fondo Monetario Internacional (FMI) e candidato socialista á presidencia da República francesa, Dominique Strauss Khan pasou en cuestión de meses a un asiduo das bancadas xudiciais. A última visita, este mesmo luns, acusado de pertencer a unha banda organizada de proxenitismo no chamando Caso Carlton, unha banda que, segundo a xustiza norteamericana, traficaba con mulleres (“chicas”, no argot de Strauss-Kahn) para clubes de prostitución en varias cidades do mundo, entre elas Madrid.