O aumento sen precedentes do número de despedimentos, ben pola vía do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), ben de xeito individual, que experimentou Galicia no ano 2011 (cun repunte superior ao 40%), amosa xa as primeiras consecuencias sobre a competitividade laboral.
A destrución de emprego para aliviar os gastos das empresas xera un efecto negativo nas mesmas: rebaixan a súa competitividade
Malia a posta en marcha da reforma laboral do PSOE en 2010 e a do PP hai apenas uns meses, os datos extraídos do Instituto Nacional de Estadística (INE) demostran que a destrucción de emprego para aliviar os gastos das empresas xera un efecto negativo nas mesmas: rebaixan a súa competitividade, a clave, segundo cansan de apuntar dende o Ministerio de Economía, para que repunte a actividade.
Segundo un estudo da Asociación de Grandes Empresas de Traballo Temporal (Agett), a rebaixa de competitividade para as firmas galegas non ven motivida só por unha cuestión de persoal á cargo, falla de motivación dos traballadores polos despedimentos nin outros factores intanxibles sobre os que non hai datos cuantificados, senón que a rebaixa da competitividade é unha consecuencia econónomica dos despedimentos. É dicir, despedir abarata custos a corto prazo, pero auméntaos a longo.
Unha hora de traballo en Galicia xera un custo á empresa de 17,1 euros, case un euro máis que a media española, situada no ano 2011 en 16,8 euros por hora
Para entendelo, Agget explica que os cutos laborais en Galicia aumentaron un 1'6% en 2011 con repecto ao ano anterior e mantéñense por riba da media do Estado. Isto quere dicir que unha hora de traballo en Galicia xera un custe á empresa de 17,1 euros, case un euro máis que a media española, situada no ano 2011 en 16,8 euros por hora.
Desta cantidade, 12,6 euros destínanse directamente ao pago de salarios, unha partida que só medrou un 1,4% no último ano, mentres que os 4,5 euros restantes adícanse a pagar despedimentos e indemnizacións. Esta partida medrou un 2,2% en Galicia en taxa interanual, e non xera beneficio, como a primeira, senón únicamente aforro.
Canto mellor sexa a formación do empregado, maior será a súa produtividade e, por tanto, o custe laboral que asumirá o empresario
O custo laboral varía tamén, entre outros moitos aspectos, en función da cualificación dos traballadores, de tal forma que, canto mellor sexa a formación do empregado, maior será a súa produtividade e, por tanto, o custe laboral que asumirá o empresario.
En 2011, as comunidades autónomas con maior custe laboral por hora foron aquelas en as que existe unha maior porcentaxe de poboación ocupada cualificada, entendida esta como aquela que conta con estudos superiores (é dicir, universitarios e de doutoramento).
Galicia, unha das comunidades onde menos aumentou o custe por empregado no pasado ano
Grazas a esta maior produtividade e formación da súa poboación ocupada, presentan tamén unas das menores taxas de paro da xeografía española. Non pasa o mesmo en Galicia, unha das comunidades onde menos aumentou o custo por empregado no pasado ano.
Para o consultor de Afr José Antonio Herce, a partida que as empresas dedican aos despedimentos dende o inicio da crise, e nomeadamente no ano 2011, está a crear un descenso notable da competitividade, o que, para Herce, está “complicando” a “reestructuración do mercado laboral”.
A competitividade é factor “clave” para a recuperación e non se logrará unha mellora “mentres as empresas non estabilicen os cadros de persoal”
Segundo apuntou, a competitividade é un dos factores “clave” nos que “descansa a recuperación” e non se logrará unha mellora, asegura, “mentres as empresas non estabilicen os cadros de persoal”