Adrián e Alexandra, 28 e 25 anos, respectivamente. Arqueólogo e arquitecta de interiores. De profesión: parados. Demandantes do seu primeiro emprego mentres medra a crise máis forte do século, que se levou por diante centos de miles de postos de traballo dos máis mozos, máis de cinco millóns en total no conxunto de España dende o ano 2008. Son honestos consigo mesmos: agora mesmo non ven saída. Marchar? Quizais.
Dun ou doutro xeito, Adrián Folgueira e Alexandra Triñanes son vítimas directas da crise da construción. O primeiro, licenciado en Historia, especializado en arqueoloxía, rematou de formarse ao tempo que comezaban a pechar empresas de escavación arqueolóxica. Veciño de Lugo, unas das cidades co subsolo máis rico en restos históricos de España, non é quen de atopar emprego no sector. Coa baixada da construción deixouse tamén de facer a pertinente revisión do chan para descartar a aparición de restos de valor histórico. A perspectiva, di, “frustrante”.
Nunca traballou nin ten esperanzas de facelo nos vindeiros meses. “No meu sector, véxoo moi difícil”, conta a Praza esta moza compostelá.
Pola súa banda, Alexandra Triñanes presentaba un traballo de fin de carreira en Arquitectura de Interiores no mesmo intre en que a construción, e con ela os miles de postos de traballo indirectos aparellados, como o dos arquitectos, tocaba o seu fin. Nunca traballou nin ten esperanzas de facelo nos vindeiros meses. “No meu sector, véxoo moi difícil”, conta a Praza esta moza compostelá.
Na mesma situación de desesperanza está Adrián, que malia que si tivo un emprego relacionado coa arqueoloxía (salvemos a traba de que non era remunerado, senón en prácticas) no seu sector, explica que non só é que el non teña expectativas de emprego, senón que a maioría das empresas vencelladas á arqueoloxía que el coñecía “foron pechando”. “Os poucos profesionais que aínda sobreviven fano como autónomos”, lamenta. Máis optimista que Alexandra, que asegura sentirse “frustrada”, o lugués non “tira a toalla” polo de agora.
“Ter unha carreira superior xa non é garante de emprego"
“A día de hoxe as titulacións universitarias están moi devaluadas e mal adaptadas aos tempos que corren"
Chega a pregunta máis penosa, de formular e de responder. Ten saída laboral unha titulación superior?. Resposta a dúo: non. Ou mellor dito, “xa non é dabondo”. Xa non chega. Folgueira explícao con claridade: “A día de hoxe as titulacións universitarias están moi devaluadas e mal adaptadas aos tempos que corren, para min unha proba é que hoxe a carreira non vale de nada sen másters, idiomas ou outra formación complementaria. Ademais no caso das carreiras de humanidades pretenden abarcar tanto que ao final tocan un pouco de todo e moito de nada, Historia é a carreira perfecta para xogar ao trivial, pero para min debería estar moito máis especializada, con orientacións moito máis definidas e con maior peso, con moitísima máis práctica e relación coas empresas”.
A palabra clave acaba de xurdir. “Prácticas”. “Empresas”. Alexandra concorda. “O sistema universitario falla nese punto, penso que tódolos estudios deberían ter unhas practicas obrigatorias para abrirte paso no mundo laboral, e coller experiencia”.
Emigrar é outro dos termos case obrigados da conversa. Diversidade de opinións. O arqueólogo teno claro: na maior parte dos países europeos a situación dun titulado universitario é moi distinta
Emigrar é outro dos termos case obrigados da conversa. Diversidade de opinións. O arqueólogo teno claro: na maior parte dos países europeos a situación dun titulado universitario é moi distinta. A súa compañeira, sen embargo, é, de novo, máis pesimista: “probablemente estivese na mesma conxuntura, a crise da construción é moi xenérica”.
Precisamente por esta diversidade de opinións, ela descarta (polo momento) marchar de España. “Agora sigo formándome, por sorte non tiven que volver a casa dos meus país, e podo estudar algo relacionado coa miña titulación”. Porén, axiña matiza: “Chegado o momento, non descarto facelo”.
El, pola súa banda, é directo: “Se mañá mesmo me aparece algún traballo relacionado cos meus estudos en en boas condicións marcho. Non me importa a onde”. Adrián, ao contrario que Alexandra, si retornou ao niño materno. “Voltei en parte por vontade propia ata que apareza algún emprego, pero para ser sinceros, tampouco tiña moitas máis opción non momento en que rematei de estudar”.
“As políticas laborais son de risa"
Igual de rotundo se amosa en canto á decisión, xa do anterior Executivo, de atrasar a idade de xubilación até os 67 anos. “É de risa”, asegura
Saír do país, coller as maletas e buscar fora a prosperidade que se lles prometera aquí está máis preto, di Adrián Folgueira, polos recortes que está a levar a cabo o Goberno en materia laboral e de educación. Darán saída aos máis mozos?, pregunto. “Saída do país seguro que si”, responde. “No emprego, que xa estaba antes nunha situación penosa, é onde máis dano están a facer, e así o demostran as cifras de paro”, di.
Igual de rotundo se amosa en canto á decisión, xa do anterior Executivo, de atrasar a idade de xubilación até os 67 anos. “É de risa”, asegura. “Suponse que como a poboación vive máis terá que traballar máis tempo, pero se os máis novos non teñen outra alternativa que emigrar a media de idade subirá máis axiña! Entendo que poida ser necesario no futuro se é que algunha vez terminan co paro, pero hoxe paréceme unha aberración”.
“Os novos titulados con novas ideas e con ganas de traballar poden aportar moito”
Para Alexandra, a decisión tamén é errónea. Deberían fomentar, asegura, a entrada no mercado laboral da xente moza, “os novos titulados con novas ideas e con ganas de traballar poden aportar moito”. Poden, en definitiva, xerar un riqueza que estes dous mozos están ansiosos de amosar. Polo de agora, non puideron facelo. Moita sorte.