De sedutor, flamante presidente do Fondo Monetario Internacional (FMI) e candidato socialista á presidencia da República francesa, Dominique Strauss Khan pasou en cuestión de meses a un asiduo das bancadas xudiciais. A última visita, este mesmo luns, acusado de pertencer a unha banda organizada de proxenitismo no chamando Caso Carlton, unha banda que, segundo a xustiza norteamericana, traficaba con mulleres (“chicas”, no argot de Strauss-Kahn) para clubes de prostitución en varias cidades do mundo, entre elas Madrid.
De novo nas bancadas, Strauss-Kahn, coa súa carreira política xa aparcada, enfróntase cos pantasmas do pasado
De novo nas bancadas, Strauss-Kahn, coa súa carreira política xa aparcada, enfróntase cos pantasmas do pasado. Home de impecable presencia e ocupante de altos cargos dende que fora nomeado ministro de Economía galo polo entón primeiro ministro Lionel Jospin, o ex dirixente ten un punto débil: o sexo e as mulleres. Ambos por igual e non necesariamente nesta orde.
A comezos dos 90 namorou de Anne Sinclair, reputada xornalista francesa, no programa líder de audiencia que esta presentaba entón. Doce millóns de persoas foron testemuñas, vía tubo catódico, do inicio deste romance, que aínda dura. En poucos días, ambos deixaron as súas familias e comezaron unha vida xuntos da que ela mesma asegurou en varias ocasións saber “todo” aínda que, como aquel que di, se fixese a “parva”.
Ambos deixaron as súas familias e comezaron unha vida xuntos da que ela mesma asegurou en varias ocasións saber “todo” aínda que, como aquel que di, se fixese a “parva”
En 2003, en pleno recoñecemento profesional para Strauss-Kahn, outra xornalista, Tristane Banon, acusouno de tentar “manoseala” durante unha entrevista. Foi a primeira de moitas outras acusacións. Sen embargo, o ex ministro galo contou sempre co apoio do Elísea e con certa complicidade na prensa mundial, que apenas afondou nestes casos.
A punta do iceberg asomou hai menos dun ano. En maio de 2011, o entón director do FMI foi arrestado cando se dispuña a tomar un avión en Nova York con destino Berlín, onde o agardaba Angela Merkel para tomar medidas sobre a situación da débeda grega. Unha camareira do luxoso hotel de Nova York no que se hospedaba (previo pago de 3.000 dólares a noite) acusouno de intento de violación e violencia sexual.
Da súa luxosa suite, Strauss-Kahn pasou a ocupar unha mínima cela nunha cárcere do Harlem neoiorquino da que saíu 48 horas despois, cando a súa inseparable muller, Anne Sinclair, acudiu rauda dende París –residencia oficial do matrimonio- para abonar a fianza dun millón de dólares que lle esixían para abandonar prisión.
Do cárcere, mudouse a un luxoso apartamento no exclusivo barrio de Tribeca, onde viviu custodiado pola Policía, e sempre na compaña da súa muller, que dixo entender os feitos porque coñecía ben os “gustos” do seu home
Do cárcere, mudouse a un luxoso apartamento no exclusivo barrio de Tribeca, onde viviu custodiado pola Policía, e sempre na compaña da súa muller, que dixo entender os feitos porque coñecía ben os “gustos” do seu home. Non todo o mundo o creu. Boa parte da prensa, así como representantes do FMI, insistiron dende o primeiro momento na idea de que se trataba dun complot contra o dirixente, ao que acusarían, semella, para vingarse pola súa política presuntamente en contra do dólar americano.
Certo é que o feito de que a camareira fose de raza negra, pobre e inmigrante non axudou a que o sector máis radical en apoio de Strauss-Kahn o culpase, senón, máis ben, a culpala a ela, á que acusaron de difamar contra o dirixente para lograr fama e diñeiro. Foi declarado culpable con probas solventes.
Agora enfróntase de novo a un bochornoso episodio do que so o librarán 100.000 dólares de fianza que Sinclair xa anda a procurar
Agora enfróntase de novo a un bochornoso episodio do que so o librarán 100.000 dólares de fianza que Sinclair xa anda a procurar. Mentres, quedan as testemuñas para a historia, as do caso Carlton, que falan de que ao indomable Dominique, ao que se pretendeu exculpar de toda acusación, é un home de “festas, orxías e camas redondas”.