Novagalicia Banco terá que reducir un 60% o seu tamaño até 2017

Exterior dunha oficina de Novagalicia Banco © NGB

Duro golpe a Novagalicia Banco. A Comisión Europea impón unha redución de tamaño de máis do 60% á banca nacionalizada (Bankia, Catalunya Caixa, Banco de Valencia e a propia entidade galega) de aquí a 2017. É esa a condición que esixe a troika para autorizar unha inxección de capital de 37.000 millóns de euros do fondo de rescate da UE e garantir así a súa viabilidade.

A entidade galega recibirá uns 5.500 millóns de euros, cos que sería viable se dedica ao negocio minorista en Galicia e se se levan a cabo uns 2.500 despidos e a redución caseá metade das súas oficinas, segundo a UE. Ademais, imponse unha quita aos afectados polas preferentes, que terán que asumir "fortes perdas", segundo aclarou o comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que deixou en mans de Madrid a responsabilidade de aclarar como se levarán a cabo esas quitas.

NGB botará un máximo de 2.500 traballadores, algo máis de 1.000 da rede galega, e prevé ser rendible a partir do vindeiro ano

A redución de traballadores imposta polo rescate en NGB ascende a un máximo de 2.500, como informou a entidade, que prevé ser "rendible" a partir de 2013. Dentro da rede de Novagalicia (a que opera en Galicia, Asturias e Castela e León) deberán suprimirse 213 oficinas e 1.023 empregos a finais de 2015, ademais de vender EVO Banco antes de que remate 2014.

Logo de autorizar a venda de Banco de Valencia a Caixabank, Bruxelas advirte que o Goberno español comprometuse a vender Catalunya Caixa e Novagalicia Banco antes de que conclúa o período de reestruturación  de cinco anos. No caso de que a venda non sexa posible, as autoridades españolas deberán presentar un plan de liquidación ordenada. Así, NGB terá cinco anos para reestruturarse, pero o seu futuro pasará por "integrarse noutra entidade financeira", aínda que poderían ampliarse as posibilidades aos "investidores". "A opción da venda é a mellor e a máis barata", insistiu.

Ademais, e para levar a cabo esta dura redución de tamaño de máis do 60%, Novagalicia Banco deberá centrar o seu modelo empresarial en préstamos ao por menor e ás pemes do seu territorio histórico. Así, terán que abandonar os créditos a favor d epromocións inombiliarias, ademais de limitar a súa presenza no mercado ao por maior. Segundo a Comisión Europea, iso contribuirá a reforzar o seu capital e os seus niveis de liquidez e reducir a súa dependencia do financiamento no mercado almacenista e do Banco Central.

"Novagalicia, Catalunya Banc e Bankia non son capaces de saber xestionar no ámbito das promotoras e por iso non poderán operar", asegurou Joaquín Almunia, vicepresidente da Comisión Europea.

Por outra banda, as condicións impostas pola UE tamén serán prexudiciais para os afectados polas preferentes. Segundo os plans de reestruturación aprobados polo Executivo comunitario, os accionistas e titulares de preferentes e débeda subordinada deberán contribuír tamén aos plans de reestruturación. A súa achega reducirá a axuda estatal necesaria en ao redor de 10.000 millóns de euros, segundo os cálculos de Bruxelas.

HABERÁ AMPLIACIÓN

Oficina de Novagalicia Banco na Coruña © NGB

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.