O BNG reclama os dereitos das traballadoras do fogar

Carme Adán, en rolda de prensa © BNG

Carme Adán pide a derrogación do recente decreto 29/2012 do goberno do Estado que elimina "o logro insuficiente" acadado en 2012 que obrigaba o empregador a asegurar a empregada dende a primeira hora de traballo. Adán considera que é un decreto “improvisado, involutivo e sen ningún tipo de publicidade” que busca "agachar o que este decreto supón de retroceso respecto das melloras que acadara este colectivo".

A deputada nacionalista presentou en rolda de prensa unha batería de iniciativas parlamentares para denunciar unha situación "que só afonda na precarización e minusvaloración dunha profesión totalmente feminizada que o que cómpre é dignificar e dotar dunha normativa estable". É moi difícil dispor de datos reais do número total de mulleres empregadas no fogar en Galicia, pero si se manexan cifras concretas de empregadas dadas de alta na Seguridade Social en Xaneiro de 2012, que ascendía a 20.207, e a finais de ano, que sumaban 27.241. 

Adán salienta que malia que a normativa anterior mantiña "discriminacións evidentes", como o recoñecemento do dereito ao desemprego ou a Lei de Prevención de Riscos Laborais, si introducira unha melloría substancial: obrigar a persoa empregadora a asegurar a traballadora dende a primeira hora

Salientou que malia que a normativa anterior mantiña "discriminacións evidentes" e non solucionaba todos os problemas, como o recoñecemento do dereito ao desemprego ou a Lei de Prevención de Riscos Laborais, si introducira unha melloría substancial: obrigar a persoa empregadora a asegurar a traballadora dende a primeira hora. Adán advirte de que o decreto devolve as mulleres á situación anterior, ser elas as que paguen as cotizacións se non superan as 60 horas, “que obviamente, polas especificidades deste traballo, son a maioría”, dixo.

A iniciativa rexistrada pola deputada nacionalista tamén demanda que se realice un estudo sociolaboral e económico sobre a situación do emprego no fogar, para estudar outras posibilidades de empregabilidade, como o sistema de Cheque de Emprego Servizo que se segue en Francia.

Carme Adán, en rolda de prensa © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.