O desmantelamento da Obra Social de NCG supón un "espolio de Galicia" segundo os seus traballadores

Imaxe corporativa de Novacaixagalicia © NGB

Os representantes do persoal da Obra Social de Novacaixagalicia pertencentes a todas as seccións sindicais, CIG, UGT, CCOO, FSIE, ASCA e Independentes denuncian que o seu desmantelamento supón un "espolio" contra Galicia. Afirman que as medidas imposta polo Ministerio de Economía, o FROB e a Comisión Europea constitúen "un atentado contra un patrimonio colectivo que é froito do aforro dos galegos e das galegas e constitúen tamén un duro prexuízo para as persoas maiores, o sector da cultura, as ONG que operan en Galicia a prol dos máis desfavorecidos e dos colectivos con maior risco de exclusión social, e para o conxunto de persoas e organizacións que abrangue a Obra Social coa súa actividade".

Os representantes do persoal da Obra Social de Novacaixagalicia pertencentes a todas as seccións sindicais, CIG, UGT, CCOO, FSIE, ASCA e Independentes denuncian que o seu desmantelamento supón un "espolio" contra Galicia

Din a este respecto que os traballadores de Novacaixagalicia "non imos consentir que leven a termo este atraco planificado desde hai tempo". E pregúntanse "a quen favorece todo isto". Denuncian que "nin os dirixentes da Xunta de Galicia, do Goberno de España, do FROB e da Comisión Europea quixeron frear o espolio da Obra Social galega, abdicando da súa obriga de actuaren en defensa dos intereses de Galicia". E esixenlle aos representantes políticos actuais "vías de actuación que garantan a persistencia da Obra Social, tal e como expresou o ministro De Guindos na súa comparecencia do pasado día 18 de decembro".

Finalmente advirten que "de non ser así, desde Novacaixagalicia promoveremos todas as medidas de presión que leven a que se reconduza este espolio indecente en contra de Galicia, da súa sociedade, do seu benestar e do seu progreso".

Imaxe corporativa de Novacaixagalicia © NGB

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.