O novo presidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri, proporá aos consellos de administración do grupo a entrada do Estado no capital de Bankia, segundo informan varios diarios de información xera e económicos desde hai varios minutos. A operación, tal e como avanzan, realizaríase convertendo a axuda de case 4.500 millóns de euros que chegaron do FROB en accións, polo que o Estado pasaría a controlar BFA e Bankia.
A fusión das caixas deu lugar a BFA, que acabou partido en dúas partes: BFA (o banco malo, cos activos tóxicos inmobiliarios) e Bankia, co resto. O FROB está presente no banco malo, polo que a dúbida agora é se o que está disposto a nacionalizar o Goberno central é esta parte individual de BFA ou a matriz BFA, que é a que inclúe Bankia. Se as filtracións son acertadas, o que se nacionalizaría sería a parte mala.
Ademais, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou desde Portugal un novo decreto para a reforma do sistema financeiro español. Con esta segunda reforma, o Executivo pretende elevar as provisións que esicirá as entidades para garantir a súa viabilidade e, ademais, porá en marcha unha sociedade inmobiliaria onde se agrupen todos os activos tóxicos dos bancos.
O presidente teno claro e asegura que "a nova reforma bancaira repercutirá na socución de boa parte dos noso problemas". "Son decisións importantes e de calado; son momentos difíciles e duros, pero hai que ter coraxe e as ideas claras", asegura.