Os afectados polas preferentes na Mariña denuncian a redución dos laudos arbitrais dende as eleccións

Protesta realizada este verán © Plataforma de afectados polas participacións preferentes da Mariña

A plataforma de afectados polas participacións preferentes da Mariña presentará ao longo do mes de xaneiro mocións nos 16 concellos da comarca para esixir a devolución dos cartos dos aforradores. Entre as súas demandas está a de que a vía arbitral siga existindo, "e que o faga ó mesmo ritmo que antes das eleccións do 21 de outubro". A plataforma denuncia que pasaron de realizarse 200 laudos arbitrais nas semanas previas aos comicios a reducirse moito ese número e tamén os traballadores encargados de realizar estas xestións.

A plataforma denuncia que pasaron de realizarse 200 laudos arbitrais nas semanas previas aos comicios a reducirse moito ese número e tamén os traballadores encargados de realizar estas xestións

Tamén piden que a Xunta informe das solicitudes de arbitraxe que rexeitou Novagalicia Banco, pois a día de hoxe "hai xente que ten presentada a solicitude dende hai meses e non obtén unha resposta nin favorable nin desfavorable". Explican que isto "está a causar desesperación, a xente necesita unha resposta para poder emprender se así o desexa outra vía, como pode ser a xudicial". A este respecto tamén demandan que todo aquel afectado por preferentes e subordinadas que queira emprender a vía xudicial poda facelo acolléndose á xustiza gratuíta, en referencia ao incremento das taxas aprobadas polo Goberno.

A principal demanda é que que se derrogue o Real Decreto 24/2012 no cal se aplica a quita a este tipo de produtos e que se obrigue a Novagalicia Banco a devolver o 100% do invertido tanto en preferentes como subordinadas. A Plataforma mantivo reunións cos distintos partidos políticos para darlles a coñecer esta iniciativa.

Protesta realizada este verán © Plataforma de afectados polas participacións preferentes da Mariña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.