Persoal galego e asturiano de Alcoa únese para urxir solucións ao Goberno central

Manifestación de persoal galego e asturiano de Alcoa © @TraballadoAlcoa

Varias marchas e unha manifestación conxunta clamaron este mércores de novo contra o peche das plantas de Alcoa na Coruña e en Avilés. Arredor de 3.000 persoas concentráronse na Praza do Concello da Veiga (Vegadeo, en Asturias) en apoio de persoal das factorías ameazadas, apoiando a esixencia dos traballadores á multinacional de que amplíe o período de consultas do ERE, que conclúe o vindeiro 27 de decembro, e a reclamación ao Goberno central para que actúe xa e dea unha solución a medio prazo á política enerxética das empresas electrointensivas.

Persoal das plantas galegas e asturiana de Alcoa uníronse nunha mobilización contra o peche das factorías da Coruña e Avilés

Persoal de ambas plantas levaron a cabo antes unha marcha pola industria do aluminio. Operarios das factorías da Coruña e San Cibrao, que se uniron á mobilización en apoio dos seus compañeiros, partiron ás 10 da mañá de Ribadeo. Ao tempo, traballadores de Avilés camiñaron desde Castropol para unirse todos en Vegadeo ao mediodía. Antes, xuntáronse na ponte nunha emotiva confluencia de camisolas amarelas e laranxas contra o peche. Todos eles, ademais, secundaron unha folga cun seguimento do 100%., segundo os sindicatos. 

© IU Asturias

“Queremos mandar unha mensaxe clara ao Goberno porque non imos permitir que isto se deixe caer como se está deixando caer”, dixo Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, que pediu ao Executivo central que fose “implacable” e tome “medidas concretas para salvagardar a industria”. 

“Queremos mandar unha mensaxe clara ao Goberno porque non imos permitir que isto se deixe caer como se está deixando caer”

"En dous meses o Goberno fixo nada para achegar solucións, e a poxa complicou aínda máis a situación, co que pedimos ao Goberno que interveña xa, porque co estatuto que queren aprobar, nós non podemos esperar seis meses, necesitamos intervención xa", engadiu o vicepresidente do comité de empresa de Avilés, Daniel Cuartas.

En canto á solución do conflito coa empresa, os representantes dos traballadores esperan que este xoves na reunión de consultas do ERE en Madrid se chegue a un entendemento. "Esixiremos que o período de consultas se amplíe quince días, senón recruaremos as protestas, porque se a empresa non acepta podería empezar o 27 de decembro a despedir a traballadores, e non o imos a permitir, porque seguiremos loitando", rematou Cuartas.

Os comités pedirán que se amplíe o período de consultas do ERE en quince días. "Senón, recruaremos as protestas", din 

Ademais, a CIG esixiulle ao Goberno central a modificación do decreto 20/2018 e a "convocatoria" inmediata dunha nova poxa para "garantir solucións á industria electrointensiva".

Ás mobilizacións acudiron, entre outros cargos políticos, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; o de Vegadeo, César Álvarez e a alcaldesa de Tapia de Casariego, Ana Vigón. Tamén o deputado do BNG no Parlamento galego, Xosé Luís Rivas, Mini

Por outra banda, a Xunta anunciou que trasladará un documeto ao Goberno central para lle reclamar, entre outras medidas, que adopte unha redución das peaxes vinculadas ao transporte da enerxía e que aplique mecanismos de compensación de CO2 ás empresas electrointensivas.

Así o avanzou este mércores o conselleiro de Economía, Francisco Conde, logo dunha xuntanza dunhas dúas horas con representantes de empresas dese ámbito en Galicia, entre ellas Alcoa, Ferroatlántica, Ence ou Megasa. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.