Remata a contra atrás para os convenios colectivos imposta pola reforma laboral

Manifestación en Santiago contra a reforma laboral CC-BY-SA Merixo

O 8 de xullo chegou: este luns acaba o prazo que a reforma laboral aprobada polo Goberno de Rajoy marcaba para que patronal e sindicatos pactasen a renovación dos convenios que estaban bloqueados cando se aprobou a norma. Desde este luns, preto de 1.300 convenios penden dun fío e, con eles, os dereitos adquiridos de 1,8 millóns de traballadores, segundo os sindicatos. A patronal minimiza o alcance desta cifra a pouco máis de cen acordos laborais.

En maio, a CEOE, CCOO e UGT chegaron a un acordo para que os convenios seguisen vixentes máis aló desta data a condición de que a empresa e os representantes dos traballadores seguisen negociando. O pacto incluía tamén que calquera das partes puidese decidir en calquera momento "que a negociación está esgotada" e, por tanto, instar á mediación obrigatoria ou a arbitraxe voluntaria.

Con todo, hai só uns días, os sindicatos aseguraron que o acordo estaba a ter un seguimento "insuficiente" e expuxéronlle ao Goberno que actuase para impedir o decaemiento dos convenios. Sinalaron tamén que algunhas patronais, como a do transporte ou a de Gipuzkoa, xa manifestaran a súa intención de deixar caducar o convenio unha vez pasado o 8 de xullo.

O acordo vixente coa patronal insta a que naqueles convenios colectivos en que se detectou un bloqueo se recorra aos mecanismos de solución autónoma de conflitos. No resto, chámase a pactar unha prórroga para seguir negociando a partir do 8 de xullo.

O acordo vixente coa patronal insta a que naqueles convenios colectivos en que se detectou un bloqueo se recorra aos mecanismos de solución autónoma de conflitos. No resto, chámase a pactar unha prórroga para seguir negociando a partir do 8 de xullo. É o caso de convenios como o das autoescolas, no que as partes se deron todo o mes para negociar ante a perspectiva de pechalo en torno ao 18 de xullo.

No caso de que non se pactase esta prórroga, cada caso terá que ser estudado individualmente, xa que algúns convenios colectivos contaban desde o inicio con cláusulas que os prorrogaban explicitamente ata que non houbese un novo convenio.

Unha vez descartados tamén estes convenios, os sindicatos aseguran que "se o 8 de xullo os empresarios formulan decaementos de convenios, vanse colapsar os xulgados do social", porque os sindicatos interporán demandas colectivas en todas empresas. CCOO xa anunciou que levará aos tribunais os convenios que queden sen efecto. "O día 8 non acaba todo, loitaremos nos xulgados", dixo o secretario de Acción Sindical do sindicato, Ramón Górriz.

Hai dúas semanas, dos 1.400 convenios que aínda estaban bloqueados, 374 correspondían a administracións públicas, aos que o acordo de sindicatos e patronal non afecta en absoluto.

O decaemento suporía que no caso de que non exista un convenio de ámbito superior, os traballadores afectados pasarían a rexerse pola lexislación laboral básica

O decaemento suporía que no caso de que non exista un convenio de ámbito superior, os traballadores afectados pasarían a rexerse pola lexislación laboral básica, que en termos de remuneración levaría ao salario mínimo interprofesional (645,30 euros ao mes en 2013).

Este venres, a CEOE alertou nun estudo que o 30% dos convenios asinados despois da reforma laboral, non inclúe ningún pacto sobre a súa prórroga automática ("ultraactividade") unha vez sexa denunciado para a súa renovación, co que pasado un ano poderían decaer en caso de non haber acordo entre as partes.

Nun comunicado, as patronais fan unha análise no que toman unha mostra "representativa" de 99 destes convenios asinados tras a reforma laboral. Destes, 51 convenios son de sector, que afectan a 1,9 millóns de traballadores, e 48 son de empresa e acollen a 133.751 traballadores.

 

Manifestación en Santiago contra a reforma laboral CC-BY-SA Merixo

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.