Varoufakis: "Unha Europa que funciona así é unha Europa ferida"

CC-BY-SA Praza Pública

Yanis Varoufakis visitou Madrid para presentar o seu plan B, a súa proposta para democratizar as institucións europeas. Para ben ou para mal, acompáñao unha lenda: é o home que retou a troika até o final, aínda que saíse derrotado no intento. Varufakis dimitiu como ministro de Ecoomía grego o 6 de xullo de 2015, un día despois do referendo grego que dixo 'non' á austeridade europea. Fíxoo porque o resto do Gabinete grego, presidido por Alexis Tsipras, decidiu renderse e aceptar unha nova intervención, a pesar do masivo respaldo dos gregos ao seu Goberno.

Varoufakis segue mantendo que Grecia tiña unha opción de gañar esa guerra e que a perdeu cando Tsipras non quixo manter o pulso

Varufakis non ten duras palabras para o actual presidente grego: "Non vou comentar por que cambiou de idea". Pero segue mantendo que Grecia tiña unha opción de gañar esa guerra, e que perdeu todo oportunidade o día en que Tsipras non quixo manter o pulso.

O xornal eldiario.es divide a entrevista en dous bloques. Neste primeiro, Varoufakis explica que pasou durante o cinco meses nos que comandou a negociación de Grecia coa troika e como quería seguir resistindo as presións europeas. Este domingo publicarase a segunda parte desta entrevista: cal é a súa visión sobre que debería facer un Goberno progresista alternativo a Mariano Rajoy que tentase plantar cara a Bruxelas, e o seu plan B para unha Europa que aínda non solucionou a enfermidade da débeda, "aínda que agora os síntomas sexan distintos"

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.