A esta hora comezan sete das nove manifestacións convocadas por CC.OO. e UGT en Galicia contra a reforma laboral. Hai media hora que se iniciou a de Vigo e ás 12:30 fará o propio a de Lugo.
Fálase
Portugal, asfixiada, pode ter que renegociar ata a metade da súa débeda pública. En Dinheiro vivo
O PSdeG reclama, a través dunha moción no Parlamento presentada por José Luis Méndez Romeu, que a Xunta "entregue o resultado das investigacións do Igape sobre as condutas irregulares dos seus directivos"
A Xunta informa de que a Academia Galega de Seguridade Pública vai impartir un curso de autodefensa para o persoal do 061
Empresas que despedisen sen causa poderán acollerse ás axudas á contratación coa reforma laboral. En La Informacion.
Facenda investiga a Rafa Nadal e obrígao a cambiar o enderezo fiscal das súas sociedades. Estaban inscritas en Euskadi sen que tivesen ningunha actividade alí. Cóntao El País.
'Rajoy modera o antinacionalismo', titula El Periódico de Catalunya para resumir o congreso do PP
Un sheriff estadounidense, colaborador do republicano Mitt Romney, dimite como responsable de campaña tras recoñecer que é homosexual. En Público
O Goberno central levará aos tribunais o concello catalán de Sant Pol de Mar por retirar a bandeira española do seu balcón. Acusan de "aldraxe á bandeira" ao goberno da localidade, de CiU. En Vilaweb
CC.OO. e UGT convocan esta mañá nove manifestacións en Galicia para rexeitar a reforma laboral. A primeira en comezar é a de Vigo, ás 11:30. Ás 12 arrincan as da Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Burela. Ás 12:30 sae a de Lugo.