Comezan a chegar á Alameda de Compostela os participantes na manifestación de SOS Sanidade Pública (imaxe via @saletaGZ)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fcb32616c08a-audme4kcmaipzsk.jpg)
Comezan a chegar á Alameda de Compostela os participantes na manifestación de SOS Sanidade Pública (imaxe via @saletaGZ)
Presentan a nova web dos Premios da Crítica, con imaxes da cerimonia de entrega do pasado ano e información sobre todas as edicións celebradas dende 1978
El Blog Salmón analiza a evolución da saída de capitais de España, cen mil millóns de euros no primeiro trimestre do ano
Joan Josep Nuet substitúe Jordi Miralles como coordinador de EUiA, nunha asemblea na que se realiza un chamamento á unidade das esquerdas catalás, como xa fixeran hai uns meses, tomando como referencias a Syriza ou o Front de Gauche
O Goberno norteamericano desmente, en declaracións para o Huffington Post, que haxa unha apocalipse zombie, ao fío dos recentes casos de estraños asasinatos e canibalismo nos Estados Unidos.
A Consellaría de Educación exclúe dos recorte os mestres de Relixión, segundo informa El País. Estes docentes xa imparten a metade de horas que o resto dos traballadores nos centros públicos
Der Spiegel publica que o goberno alemán presionou a España para que aceptase recorrer ao fondo de rescate. Alemaña calcula que a banca española necesitará unha inxección de entre 50 e 90 mil millóns de euros.
O colectivo de presos de ETA fai público un manifesto no que dá por "finalizada a fase da actividade armada" e "recoñece" a dor xerada. PP, PSE e PNV amosaron xa a súa "decepción" ante a declaración, na que Íñigo Urkullu non ve "nada positivo"
Galería de imaxes cos traballos de urban knitting e embelecemento de árbores e bolardos no Barrio de San Pedro
O macroproxecto hidroeléctrico de Endesa en Chile, no aire. A compañía chilena Colbún, socia de Endesa Chile en Hidroaysén co 49% do proxecto, decidiu dar marcha atrás