Feijóo presume do PP como "garantía dos servizos públicos na época da crise económica" e volve criticar os que protestan contra a xestión do novo hospital de Vigo.
Fálase
Un incendio en Vilardevós queimou xa 176 hectáreas e outro en Ourense, unhas 23. Ningún dos dous está aínda extinguido.
O independentismo achegaríase ao 50% dos votos o 27S, segundo unha enquisa para El Punt-Avui. A CUP triplicaría a súa representación e Catalunya Sí es Pot, PP e Ciutadans loitarían polo segundo posto.
eldiario.es conta desde Hungría a odisea dos refuxiados sirios. "Que fai a Unión Europea? Cando decide sobre nós?", pregúntanse centos de persoas que camiñan desde Budapest a Austria.
A Xunta recorta as pagas a coidadores para que os dependentes contraten servizos. A polémica medida afecta só aos novos beneficiarios e Traballo non aclara cal é a rebaixa.
Sanidade abre unha investigación para resolver dúbidas sobre o asperxilo mentres os defensores da sanidade pública esixen recuperar a concesión do hospital.
Unha concentración na Coruña amosa a súa solidariedade cos refuxiados sirios
O encontro Cidades polo ben común pódese seguir en directo aquí. Xulio Ferreiro e Martiño Noriega participan nun acto ateigado de público e coa presenza de varios rexedores de candidaturas de unidade popular.
A FEMP rectifica e convida agora os municipios a "dar un paso á fronte" para atender refuxiados. O presidente da Federación criticara un día antes a iniciativa impulsada por Ada Colau desde Barcelona.
Detido un home de 83 anos como presunto autor do incendio de Cualedro. O implicado é veciño desa mesma localidade.