Alberto Núñez Feijoo estará nos almorzos informativos de Europa Press este luns 21, no medio da polémica sobre o desaxuste do déficit de varias comunidades autónomas.
Fálase
Hai dous anos a revista Science revelaba que Craig Venter e o seu grupo lograran crear unha célula bacteriana a partir dun xenoma sintetizado químicamente.
Un vídeo recolle varias agresións dun mesmo grupo de policías a manifestantes e xornalistas, coma Javier Bauluz.
Obama e Merkel manterán unha reunión bilateral tralo remate do cumio do G-8 que se celebra en Camp David.
Fútbol masculino: fase de ascenso a 2ªB. O Ourense derrotou o Laudio en Euskadi (1-3). Con esta vitoria, os ourensáns están moi preto de garantir o retorno á categoría de bronce do fútbol estatal, para o cal lles abonda empatar ou mesmo perder por un gol o partido de volta, que se disputará no campo do Couto dentro dunha semana. Pola súa banda, o Alondras perdeu por 1-0 na súa visita ao Cayón cántabro e terán que remontar na casa para seguir aspirando ao ascenso. O Cerceda xoga mañá ás 12h no campo do Cuarte Industrial zaragozano, mentres o Pontevedra recibirá o Espanyol B ás 18h en Pasarón.
O Celta imponse con contundencia ao Alcoyano (4-0) con goles de Álex López (1'), Iago Aspas (27'), Álex López (77') e Orellana (85'). O Deportivo xoga mañá en Xerez ás 20h, e o Valladolid recibe o Sabadell ás nove e media.
O PSdeG de Miño acusa o Concello de "despilfarro" polas obras dun bulevar no que xa se gastaron 5,5 millóns de euros e no que por exemplo se instalaron farolas de 72 mil euros cada unha ou unha escultura de 50 mil.
A Plataforma contra as Fumigacións entregará este luns no Rexistro Xeral da Xunta os milleiros de sinaturas (máis de 85 mil) recollidas contra os tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa alta toxicidade.
Crean unha petición online para esixirlle a Carlos Negreira, alcalde da Coruña, que obrigue a Igrexa católica a pagar o IBI
Julio Iglesias actuará fronte ao xulgado de Valencia que leva meses sendo incapaz de localizalo para notificarlle unha citación para declarar nun caso. Trátase dunha investigación por presunta malversación de fondos públicos, falsidade documental e delicto fiscal por un contrato polo que o artista cobrou seis millóns de euros libres de impostos por representar a Comunidade Valenciá.