Mas di que Rajoy non lle propuxo solución ningunha para Cataluña. O presidente do Goberno advírtelle de que a consulta "é ilegal" e que non se vai celebrar.
Fálase
O INE eleva ao 0,6% o crecemento do PIB no Estado, o maior desde o comezo da crise.
Educación pecha seis escolas e 23 aulas para o vindeiro curso por falta de alumnos.
Conde Roa e o irmán de Paula Prado levan a súa guerra ante De Lara. A xuíza investiga quen alertou á familiar da deputada do PP sobre escoitas ao partido.
O 39% do voto de IU marcha a Podemos. A coalición ten unha fuxida de votos cara ao partido liderado por Pablo Iglesias, segundo unha enquisa.
Falece a xornalista María Antonia Iglesias en Panxón. Fora directora de Informativos de TVE e habitual dos faladoiros políticos.
Fomento reabriu onte a A-8 pero a néboa obrigou a pechala hora e media despois.
Salvemos Pontevedra entende que o Supremo ratifica a fin de Ence en Pontevedra. O alto tribunal condena o Estado a incoar o expediente de caducidade da concesión de terreos que a celulosa ocupa na ría.
A selección galega de fútbol xogará este Nadal un partido amigable, segundo vén de anunciar o presidente da Federación en Radio Coruña. Fernando Vázquez é a opción "máis seria" para ocupar o cargo de adestrador.
Delegados da CIG-Ensino exixen "solución inmediata" ao concurso de traslados e adxudicación de destinos. Demandan a dimisión do conselleiro pola súa irresponsabilidade e o "despropósito" da situación xerada.