Ourense en Común lanza o seu manifesto e inicia unha campaña de recollida de apoios para tecer unha candidatura cara ás municipais baseada na "confluencia" e nun programa de "participación cidadá e transparencia"
Fálase
ERC sería a primeira forza política en Catalunya por riba de CiU; o PSC sería a terceria forza e Podemos, a cuarta, por diante do PP, de Ciutadans e de ICV, segundo unha enquisa de El Mundo
El Diario analiza o que implica "a fin da era Rouco" na Igrexa Española.
Case 400 docentes darán clase en máis dun colexio galego o vindeiro curso, segundo publica La Voz
- As fins de semana de agosto Praza Pública non se actualiza por descanso do persoal. Lémonos o luns, pasádeo ben!
A CIG leva á sede de PSA en Madrid a protesta polo despedimento de Paco e David, os dous traballadores despedidos de Citroën en Vigo
Anova, EU e Espazo Ecosocialista confirman a súa confluencia para as municipais en Ferrol e aseguran estar abertos á incorporación doutras forzas, segundo sinalou Yolanda Díaz esta mañá.
O PSdeG lamenta "o triunfalismo" do PP a respecto dos datos da violencia machista e esíxenlle á Xunta que "deixe de mirar cara a outro lado" e impulse "un pacto" para loitar contra as agresións de xénero.
O Estado español volve ser líder da UE en desemprego xuvenil. Por primeira vez dende 2011 a taxa de paro entre a mocidade supera á de Grecia, segundo Eurostat. Recólleo El Diario
A Policía Autonómica incauta 400 quilos de ameixa nun operativo contra o furtivismo en Boiro e Mugardos (na imaxe)