Praza Pública non se actualizará as fins de semana de agosto por descanso dos traballadores. Lémonos o luns!
Fálase
Feijóo reduce a "unha irregularidade" a condena por enchufismo masivo de Baltar. Alega que xa non é militante do PP e evita criticar a súa forma de facer política.
O Goberno central autoriza o contrato para construír un buque da Armada en Ferrol por 166 millóns.
Arquivado o positivo do ciclista galego Álex Marque. A UCI retráctase sobre o positivo do último gañador da Volta a Portugal, con quen o equipo Movistar rachara o seu contrato.
O teito de gasto para 2015 cae ata os 8.436 millóns, 20 millóns menos respecto ao ano pasado. A Xunta decidiu aumentar "por primeira vez" nos últimos anos a súa capacidade de gasto.
Rajoy presume de recuperación económica e anuncia que non adiantará as eleccións. O presidente do Goberno central di que as cousas "van mellor do previsto" e insiste en que a unidade de España "non corre perigo".
A embaixada de Israel acusa a correspondente de TVE de ser portavoz de Hamás. Di que Yolanda Álvarez actúa como "correa de transmisión" do grupo islámico.
Oito palestinos mortos en Gaza por disparos israelís malia o alto ao fogo que comezou ás oito desta mañá.
A A-8 volve pecharse no tramo entre Abadín e Mondoñedo por néboa. Xa foi cortada catro veces en sete días desde o grave accidente da pasada fin de semana. (Foto de @mariacheda).
A folga de Renfe afectará máis de 2.300 pasaxeiros en Galicia. Suprimiranse 73 trens de longa e media distancia.