Unha sentencia obriga a NCG Banco a devolverlle a un cliente de San Sadurniño 96.000 euros que a entidade lle colocou como activos de inversión sen ser informado debidamente
Fálase
Artur Mas comparecerá este mércores no Parlament polo caso Millet. O president da Generalitat será interrogado sobre os indicios que apuntan a que CDC percibiu uns 5 millóns de forma irregular a través do Palau de la Música
Lendoiro rexeita a proposta de convenio dos acreedores do Deportivo. O xuíz Rafael García deixa en mans da Liga de Fútbol Profesional a decisión de evitar que o clube sexa descendido administrativamente. Un milleiro de afeccionados protestaron onte ante a sede do equipo.
Bradley Manning, declarado non culpable do cargo de "ayudar o inimigo", unha acusación que podía levalo á cadea perpetua. Si foi declarado culpable de varios delictos de espionaxe, polos que pode ser condenado a até 20 anos de prisión.
Alfonso Rueda comparecerá no Parlamento para informar sobre o dispositivo de emerxencias. AGE e BNG solicitaron xa a creación dunha comisión de investigación, mentres que o PSdeG-PSOE agardará ás "explicacións oficiais" antes de tomar unha decisión.
O maquinista falaba por teléfono con persoal de Renfe no momento do sinistro, segundo vén de revelar o TSXG despois de analizar a información contida nas caixas negras. O tren descarrilou a 153 quilómetros por hora
O PSOE sería a forza máis votada de celebrarse eleccións en Andalucía segundo unha sondaxe do Estudio General de Opinión Pública. Os socialistas obterían o 36,05% dos votos (tres puntos menos que o pasado ano), os populares recibirían o 29% dos apoios (11,7 puntos menos), IU tería o 18,7% (7,5 puntos máis) e UPyD o 6,75% (3,35 puntos máis).
A Comisión Nacional da Competencia (CNC) abre un expediente sancionador contra as petroleiras Repsol, Cepsa, BP, Disa, Meroil e Galp polas sospeitas de que pactaron o prezo dos combustibles.
O mandato da comisión técnica que investiga o accidente de Santiago rematou hai cinco meses. Magdalena Álvarez designou en marzo de 2009 os sete integrantes do organismo independente CIAF e Ana Pastor aínda non os renovou. O seu presidente Vicente Rallo e a mayoría dos seus membros traballaron no pasado en Renfe e Adif, as dúas empresas implicadas no sinistro
O parque de Bonaval acollerá este mércores ás 19 horas a homenaxe civil ás vítimas. Trátase dunha proposta da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, que obtivo o visto bo ds catro grupos parlamentarios.