A Comisión Nacional da Competencia (CNC) abre un expediente sancionador contra as petroleiras Repsol, Cepsa, BP, Disa, Meroil e Galp polas sospeitas de que pactaron o prezo dos combustibles.
Fálase
O mandato da comisión técnica que investiga o accidente de Santiago rematou hai cinco meses. Magdalena Álvarez designou en marzo de 2009 os sete integrantes do organismo independente CIAF e Ana Pastor aínda non os renovou. O seu presidente Vicente Rallo e a mayoría dos seus membros traballaron no pasado en Renfe e Adif, as dúas empresas implicadas no sinistro
O parque de Bonaval acollerá este mércores ás 19 horas a homenaxe civil ás vítimas. Trátase dunha proposta da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, que obtivo o visto bo ds catro grupos parlamentarios.
Técnicos e policía científica están xa no xulgado de Santiago para analizar as caixas negras do tren accidentado.
O xuíz, Pablo Ruz, cita para declarar a María Dolores de Cospedal, Francisco Álvarez- Cascos e Javier Arenas a partir do 13 de agosto "en atención á responsabilidade que ostentaron na formación".
Esquerda Unida denuncia a "chapuza" do tren que une Vigo e Porto e trasladará unha pregunta no Congreso a Ana Pastor. O comboio non realizará ningunha parada intermedia entre as dúas cidades.
O blog Eu non manipulo, que denuncia os casos de manipulación informativa na televisión pública, afirma que as criticadas imaxes de corpos sen tapar foron emitidas por orde expresa da dirección dos informativos. O blog sinala que "actitudes coma esta estiveron a piques de botar por terra o esforzo dos traballadores"
Traballadores do CSIC entregan máis de 220.000 sinaturas a Guindos para "salvar a institución". A petición foi iniciada en Change.org pola plataforma Ciencia con Futuro como reacción á precaria situación na que se atopa o principal organismo científico en España, con máis de 100 centros de investigación e para o que traballan uns 12.000 profesionais.
Una conselleira belga, Gaëlle Smet, é despedida por un tuit "de mal gusto" sobre o accidente
O FROB só recuperou 2,1 millóns dos 40.000 inxectados ás caixas nacionalizadas en 2012