Una conselleira belga, Gaëlle Smet, é despedida por un tuit "de mal gusto" sobre o accidente
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51f7564438ec8-1375116718219.jpg)
Una conselleira belga, Gaëlle Smet, é despedida por un tuit "de mal gusto" sobre o accidente
O FROB só recuperou 2,1 millóns dos 40.000 inxectados ás caixas nacionalizadas en 2012
Adif e Renfe revisan os seus protocolos de seguridade tras o accidente. A Administración recoñece de forma oficial que en ningún treito entre Ourense e Santiago está activado o ERTMS para o tren Alvia por problemas de “encaixe”
A aseguradora de Renfe asumirá unha indemnización de 60.000 euros por falecido. Allianz pagará aos feridos entre 1.700 e 70.000 euros, segundo vén de anunciar.
O presidente da RAG lembra que "a gran responsabilidade" sobre o "futuro" do galego recae na Xunta. A nova directiva da Academia reuniuse co presidente Feijóo.
Celébrase na catedral de Santiago o funeral oficial polas 79 vítimas do accidente de tren. Centos de persoas fixeron cola ou seguen a misa desde os exteriores. Imaxe de @xabier_villares.
O plantel do Deportivo anuncia que se o mércores non teñen garantía de cobro non xogarán o amigable desa tarde en Portugal. Os capitáns do equipo galego reclaman o pago das débedas que mantén a entidade con eles e que pon en perigo a supervivencia do club.
AGE solicita a creación no Parlamento dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. Busca "coñecer as causas do accidente, e tamén a situación real das condicións de seguridade da rede de alta velocidade na Galiza e as posibles deficiencias das medidas activas e pasivas de seguridade e control das mesmas".
A FAPE recibe queixas de familiares pola cobertura do accidente de Santiago, aínda que aclara que "en xeral fixéronse as cousas ben".
A alcaldesa de Telde, a popular María del Carmen Castellano, sitúa as bibliotecas municipais no albo das políticas de austeridade: "as bibliotecas non dan cartos e hai 14 persoas traballando nelas"