A dereita francesa elixe este domingo en primarias o seu candidato ás eleccións presidenciais do vindeiro ano. Alain Juppé aparece como favorito nas enquisas (37%), seguido de Nicolas Sarkozy (30%) e François Fillon (17%), en crecemeno nas últimas semanas. Se ningún acada o 50% o vindeiro domingo celebrarase unha segunda volta entre os dous máis votados.
Fálase
Diagonal entrevista as responsables de Sangre Fucsia, que hai un mes lanzaron unha campaña de crowdfunding para lanzar un trivial feminista, que leva recadados máis de 50 mil euros e vai camiño de ser unha das iniciativas de microfinanciamento máis exitosas. Hai tres anos o Observatorio da Mariña pola Igualdade presentou un trivial feminista con máis de mil preguntas, moitas referidas a mulleres galegas
Público repasa as nove localidades españolas que aínda continúan tendo un alcalde que foi nomeado durante a ditadura franquista, entre elas Beade (Senén Pousa, dende 1974) e Taboadela (Manuel Gallego, dende 1972)
María do Cebreiro (na modalidade de Creación Literaria), Uxía (Música) e Alberte Pagán (Cine e Artes Audiovisuais), Premios da Crítica de Galicia 2016. Tamén recibiron galardóns Blanca Roig na categoría de Investigación, o Observatorio pola Igualdade da Mariña na de Iniciativas Culturais e Científicas, Gabriel Tizón na de Artes Plásticas, Teatro Atlántico na de Artes Escénicas, e Artesáns da Pesca na de Cultura Gastronómica
Anova avoga por consolidar En Marea como "lugar no que todo o mundo poida participar". Antón Sánchez, coordinador da formación, apostou este sábado dende A Coruña por contribuir "decisivamente" a "territorializar" e "abrir canles de participación" no partido instrumental
Turquía aproba unha lei que perdoa os abusos sexuais a menores se agresor e vítima casan. A norma só conta co apoio do partido islamista do presidente Erdogan e espertou a mobilización das forzas da oposición e dos colectivos feministas
O Goberno de Mariano Rajoy utilizará o Tribunal Constitucional para tentar limitar a actividade lexislativa do Congreso, é dicir, para que a maioría da Cámara non poida aprobar proposicións de lei en contra do PP. O Executivo quere facer valer o artigo 134.6 da Constitución que lle permite vetar proposicións de lei da oposición que supoñan desaxustes nos orzamentos.
En Madrid, Barcelona, A Coruña, Vigo e outras localidades producíronse concentracións ante as sedes de Gas Natural, sinalando a responsabilidade da empresa na morte da muller de Reus que non podía facer fronte ás facturas eléctricas
O secretario provincial do PSOE na Coruña e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, avoga por convocar o congreso do PSdeG antes de Semana Santa, despois de que a xestora federal confirmase que non prevé relevar a actual dirección provisional galega. Afirma que Abel Caballero rexeita a fórmula do congreso "porque non quere someterse ao que digan os militantes"
O Cumio de Marrakech péchase sen compromisos concretos e adiando a 2018 a toma de decisións reais para frear o quencemento global