Os xulgados de reforzo para "facer fronte á presentación masiva de demandas relacionadas coa compra de preferentes" entrarán en funcionamento o 2 de setembro na Coruña e en Vigo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Fálase
Este xoves faleceu aos 69 anos Rosalía Mera, cofundadora de Inditex e presidenta da Fundación Paideia Galiza.
Praza non se actualizará este xoves, 15 de agosto, por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!
A Xunta dá por extinguido o incendio declarado entre Quiroga e Larouco e sitúa a superficie queimada "parametrizada" en 400 hectáreas.
Está a circular pola rede un vídeo no que se observa a militantes das Novas Xeracións do PP, que este mércores acudiron a apoiar a Dolores de Cospedal ante a Audiencia Nacional, mofándose dun ancián afectado polas preferentes que se manifestaba no mesmo lugar.
A Deputación de Lugo difunde o mapa coas unidades educativas que a Xunta vai pechar na provincia e censura a "discriminación dos cativos do rural"
Remata tras dúas horas e media a declaración de Dolores de Cospedal ante o xuíz do caso Bárcenas. En El Diario
Fontes presenciais informan dun incendio en Biobra (Rubiá), no entorno da Serra da Enciña da Lastra #seveslume085
A secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, xa declara como testemuña ante o xuíz do caso Bárcenas. El Diario está a seguir a xornada en directo dende os xulgados.
O DOG publica hoxe a concesión de licenzas de radio FM decidida pola Xunta. As grandes beneficiadas son cadeas como COPE ou Libertad Digital e algunhas das empresas editoras de diarios impresos en Galicia.