O DOG publica hoxe a concesión de licenzas de radio FM decidida pola Xunta. As grandes beneficiadas son cadeas como COPE ou Libertad Digital e algunhas das empresas editoras de diarios impresos en Galicia.
Fálase
Bárcenas ameaza cunha gravación da súa reunión con Arenas sobre as contas suizas. A reunión produciuse entre o ex tesoureiro e Javier Arenas en decembro do 2012 e Bárcenas advertíao da publicacións das súas contas en paraísos fiscais.
A patronal eléctrica négase a que a atención telefónica á clientela sexa de balde porque "abusaría". Tamén rexeita restablecer o servizo en 24 horas despois do abono de facturas pendentes. Cóntao Público.es
A Mocidade Nacionalista Galega censura que o Concello de Cedeira lle "ceda" un albergue xuvenil á Organización Juvenil Española (OJE), herdeira da formación franquista do mesmo nome.
O ex xerente do PP Cristobal Páez admite ante o xuíz dous cobramentos 'en B' por importe de 120.000 euros. En El Diario
Estoupa un artefacto nun caixeiro de Novagalicia Banco en Vigo. Só causou danos materiais, segundo recolle Europa Press.
O 25% da mocidade española coida que a muller debe traballar menos e coidar os fillos e fillas. É o resultado dunha enquisa do INJUVE que recolle Faro de Vigo
Arenas e Álvarez-Cascos comparecen hoxe ante o xuíz como testemuños no caso Bárcenas. El Diario ofrece as dez claves que o PP ten en conta ante estas declaracións.
A policía multa o voceiro das persoas afectadas polas preferentes no Baixo Miño, Xulio Vicente, por unha manifestación á que non foi. Cóntao El País
A multinacional McDonald's propón xornadas laborais de 74 horas aos seus empregados nos Estados Unidos, segundo recolle o blog Principia Marsupia