A Mocidade Nacionalista Galega censura que o Concello de Cedeira lle "ceda" un albergue xuvenil á Organización Juvenil Española (OJE), herdeira da formación franquista do mesmo nome.
Fálase
O ex xerente do PP Cristobal Páez admite ante o xuíz dous cobramentos 'en B' por importe de 120.000 euros. En El Diario
Estoupa un artefacto nun caixeiro de Novagalicia Banco en Vigo. Só causou danos materiais, segundo recolle Europa Press.
O 25% da mocidade española coida que a muller debe traballar menos e coidar os fillos e fillas. É o resultado dunha enquisa do INJUVE que recolle Faro de Vigo
Arenas e Álvarez-Cascos comparecen hoxe ante o xuíz como testemuños no caso Bárcenas. El Diario ofrece as dez claves que o PP ten en conta ante estas declaracións.
A policía multa o voceiro das persoas afectadas polas preferentes no Baixo Miño, Xulio Vicente, por unha manifestación á que non foi. Cóntao El País
A multinacional McDonald's propón xornadas laborais de 74 horas aos seus empregados nos Estados Unidos, segundo recolle o blog Principia Marsupia
Un equipo dirixido pola directora galega Cora Peña está a procurar micromecenas para realizar un documental sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Tesouro de Corcoesto pódese apoiar a través da plataforma Goteo.org
Unha asociación de persoas consumidoras denuncia a aeroliña Ryanair por subir os prezos dos billetes a Santiago tras o accidente de tren do pasado 24 de xullo. Recólleo Europa Press na súa web.
Rajoy volverá inaugura o curso político en Galicia. Será o vindeiro día 31, nun acto de partido no castelo de Soutomaior xunto a Alberto Núñez Feijóo, segundo informa o PP de Pontevedra.