Miquel Iceta gaña as primarias do PSC, superando por 54% contra 46% a Núria Parlon, e seguirá liderando a formación catalá. Os dous candidatos apostaban por votar non á investidura de Rajoy, mesmo se o PSOE opta pola abstención.
Fálase
Ás 19 horas comezan en Vigo, A Coruña, Ferrol e Ourense mobilizacións contra o CETA e o TTIP. Ás 20 horas farao en Lugo. Hoxe ao mediodía Pontevedra xa acolleu unha concentración contra os tratados de comercio con Canadá e os EE.UU.
Ana Pontón afirma que o BNG “vai traballar desde o Parlamento e desde a rúa” para “liderar a alternativa ao PP en 4 anos”. O Bloque presentou o seu grupo parlamentario ante medio milleiro de simpatizantes en Compostela.
A Deputación da Coruña e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) organizaron un acto conmemorativo que reuniu a máis de 150 mulleres que viven en traballan no campo para “reivindicar o seu labor” e “facer visible o rol esencial que desempeñan no desenvolvemento social e económico do rural coruñés”
O 22% dos asalariados e asalariadas españolas cobra menos de 300 euros ao mes, seis puntos máis que no 2008. O 35% dos traballadores e traballadoras teñen un soldo inferior ao salario mínimo (655 euros en 14 pagas)
O Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) presentarase ás eleccións mexicanas de 2018 a través do Congreso Nacional Indíxena (CNI) e cunha muller como candidata á Presidencia. “Chegou o momento de atacar e de darlle ao sistema onde máis lle doe: na clase política”, destacouse, engadindo que "non queremos o poder, senón poder facer, que sexan as nosas asembleas as que gobernen”
Os homes acaparan o 97% dos premios Nobel de ciencia. Dende 1901 tan só 18 mulleres foron recoñecidas, fronte a 590 varóns. Neste 2016, de novo houbo monopolio masculino, que historicamente é do 99% en Física, do 98% en Química e do 94% en Medicina
A Xunta deixou sen gastar en 2015 a metade dos fondos para fomentar o emprego. É a área con menos execución orzamentaria. O Goberno galego consignara unha partida de 268,9 millóns pero quedaron sen investir 124,4
O Banco de España sabía que Bankia era inviable antes de saír a bolsa. O inspector xefe do banco advertiu de que a operación acabaría cargando as perdas aos contribuíntes. 15MpaRato denuncia que o Banco de España intentou ocultar probas, pois estas informacións só chegan ao xuízo tras unha petición expresa neste senso
Os papeis de Bárcenas confirman que OHL e ACS entregaron diñeiro negro ao PP. Villar Mir figura nas anotacións do tesoureiro como doante de 100.000 euros en b cuatro días despois de facerse cunha obra na M-30 de 25 millóns. As dúas empresas presentarán unha querela contra Correa por vinculalas co pagamento de mordidas. Críticas no PSOE pola morna posición da xestora sobre o caso Gürtel