O Goberno regula o despido colectivo de empregados públicos. A extinción amplíase ao persoal laboral fixo, aínda que teña aprobadas as oposicións. Cóntao Faro de Vigo.
Fálase
Sanidad esixe 710 euros ao ano aos inmigrantes sen papeis para ser atendidos. Os maiores de 65 anos terán que pagar o dobre. Cóntao El País.
Gómez Noya di verse "con opcións de medalla" nos Xogos Olímpicos. O triatleta galego disputa este martes a proba de triatlon a partir das 12:30 en Londres. Imaxe de Adolf Boluda.
El Correo Gallego denuncia que escoltas de Rajoy "abusaron da súa autoridade" con varios xornalistas do medio. "Os seus gardas dedícanse a coaccionar os profesionais qeu cumpren coa súa obriga de informar", asegura.
Rosa Díez insta o Goberno a "intervir" as comunidades autónomas para garantir "a cohesión e a igualdade". A líder de UPyD cre que cada autonomía "recorta de onde quere".
Rande, A Barcala e o último tramo a Ourense seguirán sendo gratuítos en 2013, segundo confirmou o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández.
O PP baixa catro puntos (36,6%) e o PSOE só sobe tres décimas (29,9%), segundo a última enquisa do CIS. Esquerda Unida acadaría o 8,6% dos votos e UPyD, o 6,6%, mentres o BNG pasa do 0,3% ao 0,7%. Os populares descenden oito puntos desde as eleccións de novembro.
David Cal pasa á final e loitará polo ouro o vindeiro mércores ás 10:48. O padexeiro galego acabou terceiro nas semifinais e aspira xa a converterse no español máis laureado nuns Xogos Olímpicos.
David Cal gaña a súa primeira serie sen problemas en prepárase xa para a semifinal no C1 1000 metros. O padexeiro aspira a conseguir a súa quinta medalla nuns Xogos Olímpicos.
O IVE do material escolar sobe do 4% ao 21% a partir do 1 de setembro. Sálvanse os libros, pero non as axendas, as cartulinas, os compales, a plastilina, as pinturas ou as mochilas.