O PSdeG insta a Feijóo a "pedir perdón" por autorizar as piscifactorías de Touriñán e Rinlo, ilegais segundo o Supremo, que obrigaron o Goberno a compensar as empresas con indemnizacións millonarias.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5524c1672b475-54f08f7bd341f-2014-03-1614.21.39.jpg)
O PSdeG insta a Feijóo a "pedir perdón" por autorizar as piscifactorías de Touriñán e Rinlo, ilegais segundo o Supremo, que obrigaron o Goberno a compensar as empresas con indemnizacións millonarias.
Varios medios analizan o discurso de Rajoy onte na xunta directiva do PP. "Rajoy convence o partido de que o mellor é non facer nada", titula El Mundo. Manuel Jabois sinala en El País que o partido saíu "moi reforzado no seu rumbo, que ninguén sabe cal é"
A UE endurecerá as axudas para transportes tras o fracaso de aeroportos en España. Cóntao El Diario
O PP veta unha vez máis que Feijóo explique o financiamento do partido no Parlamento
Disquecool narra a experiencia dunha viaxe de Compostela ao Porto no tren, que segue a ser "do pasado, ruidoso e nada confortable"
O ex presidente do PSE, Jesús Eguiguren, revela parte das súas anotacións durante as conversas de paz con ETA celebradas entre 2005 e 2007. Publícao El Correo
O Concello de Lugo aproba a xestión directa do ciclo da auga co apoio de PSdeG e BNG e a abstención do PP. Recólleo El Progreso
O eurodeputado socialista Juan Fernando López Aguilar declará como imputado por un presunto delito de violencia machista
O Goberno central ofrece 1,6 millóns para unha ferramenta que busque "perfís" terroristas nas redes sociais e outras comunicacións. Cóntao El Diario
Galicia perde 50 edís nas municipais pola perda de poboación. Cóntao Faro de Vigo