Andoni Ortuzar é dende este sábado o novo presidente do PNV. Substitúe a Íñigo Urkullu, que tivo que abandonar o cargo tras ser investido lehendakari. En Naiz
Andoni Ortuzar é dende este sábado o novo presidente do PNV. Substitúe a Íñigo Urkullu, que tivo que abandonar o cargo tras ser investido lehendakari. En Naiz
En Galicia celebráronse máis de 2.000 manifestacións durante o primeiro ano de Goberno de Rajoy. Son datos gobernamentais solicitados por Izquierda Plural que recolle Europa Press na súa web
Esta mañá presentouse en Vigo a edicición 2013 da Vuelta Ciclista a España, que partirá de Vilanova de Arousa
O PP anuncia un "funeral conmemorativo" para este mércores 15, primeiro aniversario da morte de Manuel Fraga. Celebrarase na igrexa de San Agustín, en Santiago.
Está mañá estanse a producir longas ringleiras de estudantes na biblioteca Concepción Arenal da USC, na que a Universidade instalou novos controis de acceso. (foto: Carlos Neira)
Envían a prisión o home acusado de, presuntamente, chantaxear o ex deán da Catedral de Santiago e á baronesa Thyssen. Supostamente esixiulle cartos ao crego ameazándoo con facer público un vídeo comprometedor. Cóntao El País.
Esta mañá celébrase en Compostela unha manifestación contra o plan de reestruturación de Novagalicia Banco, para alertar das súas consecuencias "sociais e laborais" e reclamar a devolución dos cartos das preferentes, entre outras reivindicacións.
Os diarios impresos recollen este sábado nas súas portadas a concesión do terceiro grao penitenciario a Ángel Carromero, o dirixente de Nuevas Generaciones do PP condenado por homicidio imprudente en Cuba.
A plataforma En Positivo, xurdida no seo do PSdeG, comeza a abordar o seu futuro este sábado cunha xuntanza en Lalín