El Diario analiza a portada de ABC deste venres, na que destacan un dato da súa enquisa para destacar que Rajoy saiu "reforzado", pero obvian que na súa propia sondaxe Rubalcaba obtén mellor valoración que o presidente do Goberno.
Fálase
O paro baixa en xullo en 64.866 persoas, como onte anunciou Rajoy no Senado, e o número de persoas inscritas nas oficinas de emprego queda en 4.698.814. É o segundo maior descenso da serie histórica, só superado polo de 2010. En Galicia o descenso do número de desempregados en xullo é importante: 12.332 parados menos.
A xustiza italiana salva a Berlusconi da inhabilitación política. O tribunal condénao a 4 anos de cárcere, que non cumprirá pola súa idade, pero anulado a prohibición de acceder a cargos públicos. Berlusconi non renuncia e pidelles aos italianos "que abran os ollos"
Os medios repasan "as preguntas que Rajoy deixou sen responder" ou as cuestións nas que o presidente do Goberno faltou á verdade.
Os grandes grupos tributan só ao 3,5% polos beneficios de 2011. O pago de grupos empresariais a Facenda pasou de 12.600 a 3.000 millóns en cinco anos
As portadas da prensa impresa este venres divídense entre os que advirten que despois da comparecencia "Rajoy deja sombras" (El Periódico) ou "Rajoy atrapado por Rajoy" (El Mundo). Até os que respaldan as explicación do presidente do Goberno: "Rajoy resiste a caceria polo caso Bárcenas" (ABC) ou "Rajoy vence a Bárcenas" (La Razón)
O 76% dos cidadáns considera "insuficientes" as explicacións de Rajoy, segundo un estudo de MyWorld. O 49% dos votantes do PP tamén pensa así
Ignacio Escolar debulla As mentiras do discurso de Mariano Rajoy sobre Barcenas, cita a cita
O Consello de Contas avisa de "preocupantes carencias de control interno" no gasto desprazado da Xunta e pide "emprestar atención" á "dinámica crecente" de imputacións de gasto de anos anteriores, que aumentaron en 2010.
Beatriz Sestayo (PSdeG-PSOE) pide que "esta sexa a primeira comparecencia de moitas" e que da catástrofe se tire a conclusión de que "deben cesar os recortes nos servizos públicos". Denuncia a "descoordinación no operativo de emerxencias" e salienta que "o 112 non coordinou. A coordinación fixose de abaixo a arriba". Toda a información, nuns minutos en Praza.