Ignacio Escolar debulla As mentiras do discurso de Mariano Rajoy sobre Barcenas, cita a cita
Fálase
O Consello de Contas avisa de "preocupantes carencias de control interno" no gasto desprazado da Xunta e pide "emprestar atención" á "dinámica crecente" de imputacións de gasto de anos anteriores, que aumentaron en 2010.
Beatriz Sestayo (PSdeG-PSOE) pide que "esta sexa a primeira comparecencia de moitas" e que da catástrofe se tire a conclusión de que "deben cesar os recortes nos servizos públicos". Denuncia a "descoordinación no operativo de emerxencias" e salienta que "o 112 non coordinou. A coordinación fixose de abaixo a arriba". Toda a información, nuns minutos en Praza.
Yolanda Díaz (AGE) afirma que "dispoñemos de partes que demostran que houbo erros de coordinación no dispositivo de emerxencias" e sinala que o posto de mando avanzado se constituiu ás 22.27 horas, en contraste co afirmado por Rueda, que declarou que se realizou moito antes.
Tareixa Paz (BNG) critica que a Xunta non lles facilitara aos grupos a información necesaria e espera que "esta intervención non supoña o final das explicacións dende a Xunta". Espera que a comisión de investigación solicitada "sirva para chegar ao fondo das causas do accidente" e realiza preguntas sobre o atraso na declaración da alerta 2 de emerxencia ou sobre o traslado de feridos a hospitais privados.
Vén de comezar a comparecencia de Alfonso Rueda no Parlamento para dar detalles do dispositivo de emerxencia posto en marcha para atender os pasaxeiros do accidente de tren. Pódese seguir en directo na web da Cámara
O Consello da Xunta aproba o decreto que regula o servizo de comedores escolares para o vindeiro curso. E, como se anunciou, os prezos crecen un 40% e só se garante a gratuidade a aquelas familias que ingresen menos de sete mil euros anuais.
Rusia concédelle un ano de asilo a Snowden, que xa abandonou o aeroporto internacional de Moscova. O ex colaborador da Axencia Nacional de Seguridade norteamericana será trasladado a un lugar seguro, cuxa ubicación non será revelada.
Os socialistas acusan a Feijóo de "non querer dar a cara" para explicar o presunto financiamento ilegal do PPdeG. Abel Losada fixo referencia aos “papeis de Modesto Fernández” e fixo un paralelismo entre o que significan para Feijóo estes apuntes cos de Luis Bárcenas para Rajoy
Os deputados de Izquierda Plural denuncian que Agustín Conde Bajén, deputado do PP por Toledo, lles chamou "imbéciles" e "canallas" a Joan Coscubiela (ICV) e a eles.