O Consello da Xunta aproba o decreto que regula o servizo de comedores escolares para o vindeiro curso. E, como se anunciou, os prezos crecen un 40% e só se garante a gratuidade a aquelas familias que ingresen menos de sete mil euros anuais.
Fálase
Rusia concédelle un ano de asilo a Snowden, que xa abandonou o aeroporto internacional de Moscova. O ex colaborador da Axencia Nacional de Seguridade norteamericana será trasladado a un lugar seguro, cuxa ubicación non será revelada.
Os socialistas acusan a Feijóo de "non querer dar a cara" para explicar o presunto financiamento ilegal do PPdeG. Abel Losada fixo referencia aos “papeis de Modesto Fernández” e fixo un paralelismo entre o que significan para Feijóo estes apuntes cos de Luis Bárcenas para Rajoy
Os deputados de Izquierda Plural denuncian que Agustín Conde Bajén, deputado do PP por Toledo, lles chamou "imbéciles" e "canallas" a Joan Coscubiela (ICV) e a eles.
Acaba o debate no Senado sobre o caso Bárcenas, no que destacaron as peticións de dimisión para Rajoy por gran parte das forzas políticas así como a súa negativa: "non convocarei eleccións nin dimitirei". Afirmou que "foi un erro confiar en Bárcenas" e que si "mantivo contacto con él".
Antoni Gutiérrez-Rubí analiza a intervención de Rajoy, "unha estratexia ofensiva" e un "discurso traballado", na que destaca o recurso ao uso das palabras de Rubalcaba. Tamén destaca a repetición de #findelacita "como un intento de Rajoy de poñer #finaldebate sobre el e Bárcenas"
Rajoy anuncia que non convocará eleccións nin dimitirá, "demándanseme responsabilidades políticas por feitos que xurídicamente non se probaron", afirma Rajoy. Engadiu que "entende que se pida a súa dimisión polas decisións económicas. Son feitos obxectivos". Ademais, afirma que mantivo contacto con Bárcenas: "contestei aos seus mensaxes e falei con él".
Rajoy está na súa quenda de réplica que comeza dicindo: "Pediron a miña dimisión. Respondereilles de forma clara e directa: Non" e engade "Non me vou declarar culpable porque non o son".
A web da Moncloa publica o primeiro discurso de Rajoy onde aparece "fin de la cita" entre paréntese, o que levantou moitos comentarios nas redes sociais.
Despedidos cinco científicos por participar nunha manifestación contra os recortes en I+D+i. O Centro de Investigación Biomédica de La Rioja despediu o seu equipo de investigadores sobre alzhéimer a pesar de ter varios proxectos en marcha e argumenta que a manifestación foi "ilegal por non estar debidamente autorizada".