Os socialistas acusan a Feijóo de "non querer dar a cara" para explicar o presunto financiamento ilegal do PPdeG. Abel Losada fixo referencia aos “papeis de Modesto Fernández” e fixo un paralelismo entre o que significan para Feijóo estes apuntes cos de Luis Bárcenas para Rajoy
Fálase
Os deputados de Izquierda Plural denuncian que Agustín Conde Bajén, deputado do PP por Toledo, lles chamou "imbéciles" e "canallas" a Joan Coscubiela (ICV) e a eles.
Acaba o debate no Senado sobre o caso Bárcenas, no que destacaron as peticións de dimisión para Rajoy por gran parte das forzas políticas así como a súa negativa: "non convocarei eleccións nin dimitirei". Afirmou que "foi un erro confiar en Bárcenas" e que si "mantivo contacto con él".
Antoni Gutiérrez-Rubí analiza a intervención de Rajoy, "unha estratexia ofensiva" e un "discurso traballado", na que destaca o recurso ao uso das palabras de Rubalcaba. Tamén destaca a repetición de #findelacita "como un intento de Rajoy de poñer #finaldebate sobre el e Bárcenas"
Rajoy anuncia que non convocará eleccións nin dimitirá, "demándanseme responsabilidades políticas por feitos que xurídicamente non se probaron", afirma Rajoy. Engadiu que "entende que se pida a súa dimisión polas decisións económicas. Son feitos obxectivos". Ademais, afirma que mantivo contacto con Bárcenas: "contestei aos seus mensaxes e falei con él".
Rajoy está na súa quenda de réplica que comeza dicindo: "Pediron a miña dimisión. Respondereilles de forma clara e directa: Non" e engade "Non me vou declarar culpable porque non o son".
A web da Moncloa publica o primeiro discurso de Rajoy onde aparece "fin de la cita" entre paréntese, o que levantou moitos comentarios nas redes sociais.
Despedidos cinco científicos por participar nunha manifestación contra os recortes en I+D+i. O Centro de Investigación Biomédica de La Rioja despediu o seu equipo de investigadores sobre alzhéimer a pesar de ter varios proxectos en marcha e argumenta que a manifestación foi "ilegal por non estar debidamente autorizada".
Quenda do BNG con Olaia Fernández Davila "O bochorno de España no exterior é de vostede e do seu partido". Olaia acaba pedindo a disolución das cortes e a convocatoria de eleccións: "disolva as cortes, convoque eleccións e de paso disolva o Partido Popular"
Rajoy adianta que en xullo houbo ao redor de 64.000 parados menos. Para fuxir da acusación de avanzar datos de forma interesada, Rajoy recorreu a unha fórmula máis complexa, revelando que entre marzo e xullo o número descendeu en 340.000 persoas