Rajoy adianta que en xullo houbo ao redor de 64.000 parados menos. Para fuxir da acusación de avanzar datos de forma interesada, Rajoy recorreu a unha fórmula máis complexa, revelando que entre marzo e xullo o número descendeu en 340.000 persoas
Fálase
#findelacita, a coletilla empregada por Rajoy no seu discurso, é trending topic mundial en Twitter. É o segundo hashtag máis utilizado en todo en mundo.
"Cando acabou a intervención de Rajoy e Rubalcaba a televisión pública (TVE) cortou a emisión, viva o bipartidismo!" denuncia Aitor Esteban do PNV, quen tamén felicitou aos galegos pola súa actuación ante o accidente de tren.
Coméntase nas redes sociais o tuit de Pedro J. Ramirez no que o director de El Mundo sinala que os argumentos de Rubalcaba lle pareceron "moito máis sólidos" que os de Rajoy "por primeira vez en 25 anos".
"Por que o PP non se querelou contra Bárcenas e si contra os medios que publicaron probas e contra os que puxeron querelas? " pregunta Cayo Lara, que afirmou que o Partido Popular "acudiu ás eleccións dopados por fondos ilegais".
Comeza a quenda de IU. Cayo Lara pide a dimisión de Mariano Rajoy, "non acerta nin cos 'hilillos' nin cos amigos"
Numerosos deputados ateigan a cafetería do Senado mentras o portavoz de CiU, Josep Antoni Duran i Lleida, comparece na tribuna
Rubalcaba pide a dimisión de Rajoy, non descarta a moción de censura e da por feita a financiación ilegal no Partido Popular. " Rajoy non se comportou como o presidente dun país en crisis senón dun partido cun sistema de financiación ilegal de 20 anos" dixo Rubalcaba, ao que engadiu que o PP "gañou as eleccións coa financiación ilegal".
Rubalcaba menciona os SMS entre Rajoy e Bárcenas no pleno. "Son mensaxes que proban a relación entre un socio e outro que o pode poñer en apuros". "Ten usted que marchar señor Rajoy" di o secretario xeral do PSOE.
Rubalcaba acusa a Maria Dolores de Cospedal "dunha operación de borrado de probas. Cospedal limpaba e limpaba salvo na financiación do PP na súa comunidade". Cospedal está sentada na tribuna de invitados xunto a Rita Barberá.