Coméntase nas redes sociais o tuit de Pedro J. Ramirez no que o director de El Mundo sinala que os argumentos de Rubalcaba lle pareceron "moito máis sólidos" que os de Rajoy "por primeira vez en 25 anos".
Fálase
"Por que o PP non se querelou contra Bárcenas e si contra os medios que publicaron probas e contra os que puxeron querelas? " pregunta Cayo Lara, que afirmou que o Partido Popular "acudiu ás eleccións dopados por fondos ilegais".
Comeza a quenda de IU. Cayo Lara pide a dimisión de Mariano Rajoy, "non acerta nin cos 'hilillos' nin cos amigos"
Numerosos deputados ateigan a cafetería do Senado mentras o portavoz de CiU, Josep Antoni Duran i Lleida, comparece na tribuna
Rubalcaba pide a dimisión de Rajoy, non descarta a moción de censura e da por feita a financiación ilegal no Partido Popular. " Rajoy non se comportou como o presidente dun país en crisis senón dun partido cun sistema de financiación ilegal de 20 anos" dixo Rubalcaba, ao que engadiu que o PP "gañou as eleccións coa financiación ilegal".
Rubalcaba menciona os SMS entre Rajoy e Bárcenas no pleno. "Son mensaxes que proban a relación entre un socio e outro que o pode poñer en apuros". "Ten usted que marchar señor Rajoy" di o secretario xeral do PSOE.
Rubalcaba acusa a Maria Dolores de Cospedal "dunha operación de borrado de probas. Cospedal limpaba e limpaba salvo na financiación do PP na súa comunidade". Cospedal está sentada na tribuna de invitados xunto a Rita Barberá.
Comeza a quenda de Pérez Rubalcaba que lle lembra a Rajoy que "por moito que se empeñe, non veu voluntariamente a este pleno, tivémolo que traer". Ademais, acusao de usar a economía e a moción de censura para esquivar o caso Bárcenas.
Rajoy nega as acusacións: "Son falsas as súas acusacións, as súas medias verdades e as interpretacións da media ducia de verdades que emprega como cobertura das súas falsidades. No PP nin se levou unha dobre contabilidade nin se oculta delicto ningún. O único feito certo son as contas suizas de Bárcenas". Rajoy pide deixar "que os xuices traballen", e emprega declaracións de Rubalcaba en 2011 nas que o socialista lle demandaba daquela á oposición que respectase "a presunción de inocencia"
Rajoy recoñece que se equivocou con respecto a Bárcenas: "Equivoqueime ao manter a confianza en alguén que agora sabemos que non o merecía", afirma Mariano Rajoy no Senado, "Bárcenas era unha persoa de confianza no partido". Estas palabras levantaron o balbordo no pleno.