Rajoy nega as acusacións: "Son falsas as súas acusacións, as súas medias verdades e as interpretacións da media ducia de verdades que emprega como cobertura das súas falsidades. No PP nin se levou unha dobre contabilidade nin se oculta delicto ningún. O único feito certo son as contas suizas de Bárcenas". Rajoy pide deixar "que os xuices traballen", e emprega declaracións de Rubalcaba en 2011 nas que o socialista lle demandaba daquela á oposición que respectase "a presunción de inocencia"
Fálase
Rajoy recoñece que se equivocou con respecto a Bárcenas: "Equivoqueime ao manter a confianza en alguén que agora sabemos que non o merecía", afirma Mariano Rajoy no Senado, "Bárcenas era unha persoa de confianza no partido". Estas palabras levantaron o balbordo no pleno.
Rajoy fala de economía: "España vai mellor". E cita o descenso do paro nas cifras da EPA e da prima de risco.
Rajoy comeza o seu discurso á defensiva. Sí cíta a Bárcenas: "referireime ao caso Bárcenas", pero defende que "solicitei esta comparecencia para dar as explicacións" e acusa a oposición: "non se pode convencer a quen gozan do privilexio de coñecer xa a verdade"
Está a piques de comezar a comparecencia de Mariano Rajoy ante o Senado. Terá un tempo ilimitado para dar as súas explicacións, e despois intervirán os voceiros do resto dos grupos. Gardouse un minuto de silencio polas vítimas do accidente de tren e Rajoy comeza a súa intervención lembrando a traxedia.
Os centros educativos serán os encargados de fixar o idioma predominante dos grupos de educación infantil en función do resultado da pregunta non vinculante aos pais e o ámbito sociolingüístico.
O treito de alta velocidade chega até o lugar no que tivo lugar o accidente de Angrois, publica infolibre. Documentos internos de Adif e a folla de ruta do maquinista indican que a vía de alta velocidade chega até o quilómetro 85 e o accidente ocurriu no 84.
Rajoy diluirá as súas explicacións sobre o caso Bárcenas nun pleno no que o presidente do Goberno buscará falar de estabilidade, a fin da crise e de medidas anticorrupción
Os pagos a Javier Arenas indican que o Partido Popular usou diñeiro en B para completar o salario dos seus ministros.En breves minutos Rajoy comparecerá no Senado.
LFP, Deportivo, AFE e os futbolistas chegan a un acordo para o pagamento das cantidades que o clube lles adebeda aos xogadores. O acordo permite que o equipo manteña a categoria, cando estaba a piques de se cumprir o prazo fixado.