Rajoy diluirá as súas explicacións sobre o caso Bárcenas nun pleno no que o presidente do Goberno buscará falar de estabilidade, a fin da crise e de medidas anticorrupción
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51f9f8d91b4da-rajoy_congreso_8may13.jpg)
Rajoy diluirá as súas explicacións sobre o caso Bárcenas nun pleno no que o presidente do Goberno buscará falar de estabilidade, a fin da crise e de medidas anticorrupción
Os pagos a Javier Arenas indican que o Partido Popular usou diñeiro en B para completar o salario dos seus ministros.En breves minutos Rajoy comparecerá no Senado.
LFP, Deportivo, AFE e os futbolistas chegan a un acordo para o pagamento das cantidades que o clube lles adebeda aos xogadores. O acordo permite que o equipo manteña a categoria, cando estaba a piques de se cumprir o prazo fixado.
Madrid, Catalunya, Asturias e Canarias rexeitan o reparto asimétrico do déficit fixado polo Goberno. Andalucía, Aragón, Navarra e Extremadura abstivéronse. Galicia terá que cumprir un déficit do 1,2% no 2013. Catalunya, Comunidade Valenciá, Baleares, Murcia e Andalucía poderán rexistrar déficits superiores ao 1,3% e Madrid terá que quedar no 1,07%
O parque de Bonaval acollerá a partir das 19 horas a homenaxe civil ás vítimas do accidente. Tomarán a palabra representantes das vítimas, dos empregados públicos que traballaron no rescate e dos veciños de Angrois. Toda a información, este serán en Praza.
Segue sen control o incendio que comezou este mediodía na fábrica Figroríficos de O Berbés, no porto de Vigo. Os bombeiros tiveron que abandoar a nave ante o perigo, un barco de salvamento marítimo trata de sofocar o lume.
Laura Seara sinala que despois da comparecencia de Rajoy deste xoves “Feijóo debe dar a cara e explicar as irregularidades no financiamento do PPdeG”. A deputada socialista lembra que o PPdeG “foi o principal surtidor de diñeiro negro do PP”.
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca comenza o verán moi activa, con accións colectivas de presión ás entidades bancarias e traballo na súa Obra Social, a pesar de perder o protagonismo mediático acadado coa ILP e os escraches
Luis Rubiales, presidente da Asociación de Futbolistas Españoles, asegura que polo de agora "non hai acordo" para o pagamento das cantidades que o Deportivo lles adebeda aos xogadores, e que poden supor o descenso do clube a Segunda B e un futuro incerto. O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, afirma que "cremos que non hai solución". Fernando Vázquez declara que "me parece imposible unha solución distinta á que merece esta cidade, esta afección e a historia do Deportivo, que non pode quedar tirada agora por falta dun acuerdo que a me parece nada complicado"
A Policía identifica o traballador de Renfe que fixo a chamada ao maquinista momentos antes do descarrilamento. O operario viaxaba no mesmo tren accidentado. Nin o condutor nin o outro empregado revelaron esta chamada, que si quedou rexistrada na caixa negra do convoi.