A Plataforma de Afectados pola Hipoteca comenza o verán moi activa, con accións colectivas de presión ás entidades bancarias e traballo na súa Obra Social, a pesar de perder o protagonismo mediático acadado coa ILP e os escraches
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51f90dff57938-captura.jpg)
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca comenza o verán moi activa, con accións colectivas de presión ás entidades bancarias e traballo na súa Obra Social, a pesar de perder o protagonismo mediático acadado coa ILP e os escraches
Luis Rubiales, presidente da Asociación de Futbolistas Españoles, asegura que polo de agora "non hai acordo" para o pagamento das cantidades que o Deportivo lles adebeda aos xogadores, e que poden supor o descenso do clube a Segunda B e un futuro incerto. O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, afirma que "cremos que non hai solución". Fernando Vázquez declara que "me parece imposible unha solución distinta á que merece esta cidade, esta afección e a historia do Deportivo, que non pode quedar tirada agora por falta dun acuerdo que a me parece nada complicado"
A Policía identifica o traballador de Renfe que fixo a chamada ao maquinista momentos antes do descarrilamento. O operario viaxaba no mesmo tren accidentado. Nin o condutor nin o outro empregado revelaron esta chamada, que si quedou rexistrada na caixa negra do convoi.
Denuncian que as Festas do Monte da Guarda obvian o galego na súa programación, no centenario das festas e na primeira vez que se realizan durante dúas semanas consecutivas.
A Fiscalía pide unha fianza civil de 5,9 millóns de euros para a muller de Bárcenas. Rosalía Iglesias está imputada por fraude fiscal, cooperación en delito de branqueo de capitales, falsedade documental e tentativa de estafa procesal.
A Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas convoca unha concentración, este mércores ás 19.30, na estación de tren da Coruña, en demanda dun "ferrocarril público, social e seguro".
O PSOE vén de lanzar un vídeo para esixirlle a Rajoy que dea explicacións sobre o caso Bárcenas. A campaña emprega o hashtag #MarianoSéFuerte. As Xuventudes Socialistas lanzaron outro vídeo co hashtag #Marianocuentalo.
O debate deste xoves, no que comparecerá Rajoy para falar do caso Bárcenas, terá un formato semellante ao dos cumios europeos e celebrarase no Senado, moi vixilado e ampliado para os deputados
Unha sentencia obriga a NCG Banco a devolverlle a un cliente de San Sadurniño 96.000 euros que a entidade lle colocou como activos de inversión sen ser informado debidamente
Artur Mas comparecerá este mércores no Parlament polo caso Millet. O president da Generalitat será interrogado sobre os indicios que apuntan a que CDC percibiu uns 5 millóns de forma irregular a través do Palau de la Música